Cargando....
Concello de Lugo
30/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O XII Campus de Fútbol Multideporte Cidade de Lugo terá lugar entre o 25 de xuño e o 6 de xullo


# Venres, 07/06/2013
 Poderán participar rapaces e rapazas nados entre 1996 e 2008

Imaxe Asociada
 O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Sociedade Cultural Deportiva Milagrosa, Magín López, e o coordinador da actividade, Óscar Seijas,  presentaron o XII Campus Multideporte Cidade de Lugo, que terá lugar no campo de fútbol Luis López Gorgoso entre o 25 de xuño e o 7 de xullo. 

O Concelleiro agradeceu o esforzo que realiza esta agrupación deportiva durante o ano coa organización de múltiples actividades e manifestou o seu desexo de que esta edición conte cun éxito de participación igual que en anos anteriores.

Pola súa parte, Magín López, explicou que “tratamos que estas actividades sexan como unha recompensa para os nenos polo esforzo realizado durante o ano e, de paso, unha oportunidade para que os pais poidan deixar aos rapaces en actividades deportivas”.

Nesta actividade poden tomar parte nenos nados entre 1996 e 2008 que practicarán distintas modalidades como fútbol, natación, ciclismo ou baloncesto e tamén participarán en actividades culturais e visitarán o Aquapark. Como novidade ao final de cada unha das semanas haberá unha festa de clausura no que un total de 50 nenos poderán quedarse a durmir na residencia universitaria.

O número de prazas ofertado é de 180 que se reparten en dous turnos, un do 25 ó 30 de xuño (120 prazas) e outro do 2 ó 7 de xullo (60 prazas).  Os interesados en obter máis información poden acudir ás oficinas do club polas tardes, chamar ó 630 078 398,  no 673 826 999 ou enviar un correo electrónico a campusmilaarrobagmail.com. A data límite de inscripción é o 21 de xuño.

Venres
Venres


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova