Imprimir

ESTA MAÑÁ TIVO LUGAR A REUNIÓN DA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE PARA COORDINAR A SEGURIDADE DO ARDE LUCUS


7/6/2013  

 O Alcalde e o Subdelegado do Goberno presidiron a reunión na que se estableceron as medidas para previr accidentes derivados da aglomeración de persoas durante a festa


O Alcalde, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, presidiron a reunión da Xunta Local de Seguridade que tivo lugar esta mañá no Concello para deseñar o dispositivo de seguridade que se porá en marcha con motivo da celebración da festa do Arde Lucus, que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xuño.

Na xuntanza tamén participou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, así como mandos das Policía Local, da Policía Nacional, bombeiros e Protección Civil.

Unha vez finalizada a reunión, a Concelleira de Cultura,  salientou que no encontro se tratou a coordinación das distintas forzas e corpos de seguridade así como os de Protección Civil para garantir que non exista ningún tipo de incidente nos distintos actos programados. No encontro informouse aos responsables policiais dos distintos itinerarios e actividades previstas.

Na reunión estudiaronse os diferentes lugares nos que se agarda que se produzan as maiores aglomeracións de persoas durante a festa e decidiuse suprimir a participación de cabalos nun desfile que se vai celebrar o domingo ás 14.00 horas no entorno da Praza Maior e da Rúa Nova. Carmen Basadre destacou que esta decisión foi tomada porque “a esa hora sempre hai moita xente na zona polo que se entende que é máis seguro que os cabalos non acompañen aos romanos que van desfilar” aínda que non se verá afectada a participación dos cabalos noutros desfiles previstos para o venres e sábado.