Imprimir

O ALCALDE DE TUI SERÁ O ENCARGADO ESTE DOMINGO DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA AO SANTÍSIMO SACRAMENTO


7/6/2013

A tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísmo Sacramento sera realizada polo Alcalde de Tui, Moises Rodriguez Pérez
 Os actos comezarán ás 11.15 coa chegada da Corporación á Casa do Concello. A partir das 11.20 está prevista a chegada de invitados e ás 11.40 formarase a comitiva encabezada polos Alcaldes das sete cidades ou os seus representantes, así como o resto de autoridades convidadas, que sairá do Concello cara a Catedral Basílica onde terá lugar a cerimonia relixiosa a partir das 12.00 horas. Os actos relixiosos rematarán coa procesión e a entrega da ofrenda. 

Previamente, na xornada do sábado celebraranse os actos das Vésperas que comezarán ás 19.50 coa formación da comitiva que partirá do Concello cara a Catedral, onde terán lugar os actos a partir das 20.00 horas.