Cargando....
Concello de Lugo
23/02/17
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello deseña un proxecto para mellorar a mobilidade, a eficiencia enerxética ou a recollida do lixo co uso das novas tecnoloxías


# Luns, 10/06/2013
Dous técnicos do proxecto “RECI Mi ciudad inteligente” visitan hoxe Lugo


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde e a Concelleira de Economía explican a aposta de Lugo polo aproveitamento das novas tecnoloxías

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, acompañados por Pablo Rodríquez e Eduardo Bustillo, técnicos que traballan para o proxecto “RECI Mi Ciudad Inteligente”, explicaron hoxe a aposta que está a desenvolver o Concello polo aproveitamento das novas tecnoloxías para facer de Lugo unha Cidade Intelixente ou Smart City.

O Alcalde explicou que o Concello elaborou un proxecto de Smart City, que xa foi presentado ó Goberno para obter financiamento de fondos europeos. O proxecto de Lugo obtivo a máxima puntuación, pero, polo de agora, o Goberno non dispón da  consignación presupostaria suficiente para facer as achegas económicas procedentes dos fondos europeos.

“As cidades deben incorporar as novas tecnoloxías nos servizos que lle prestan ós cidadáns”, dixo o Alcalde e lembrou que o Concello de Lugo xa puxo en marcha algunha inciativa neste sentido, como as melloras no alumeado público, pero salientou que agora a administración local proponse darlle o pulo definitivo. De feito, o Alcalde amosou a súa convicción de que “este é o camiño que deben seguir no futuro as cidades e o Concello de Lugo está nel”.

A Concelleira de Economía explicou que o proxecto Smart City de Lugo supón un complemento doutras importantes actuacións que se leva a cabo o Concello con fondos euopeos como o Proxecto Muralla Dixital e o Plan Urban, que están centrados no patrimonio cultural de Lugo e no Casco histórico, mentres que o Smart City destínase a todo o término municipal e inclúe actuacións tanto para a cidade como para a zona rural.

O proxecto, valorado en 4.800.000 euros, contaría cunha aportación municipal de 978.000 euros, o 20% do total, e este ano o Concello xa reservou nos Presupostos municipais unha partida de 300.000 euros para poder poñelo en marcha tan pronto como se obteñan os fondos necesarios para botalo andar.

Precisamente, Sonia Méndez anunciou que mañá participará nunha sesión sobre Axenda Local Dixital e Cidades Intelixentes organizada polo Eixo Atlántico que se celebrará en Viana do Castelo.

Esta xornada, na que participarán representantes da Xunta e do Goberno de Portugal e da Comisión Europea foi organizada tendo en conta que a innovación e o programa de Cidades Intelixentes forman parte das medidas imposadas pola Comisión Europea para a xeneración de emprego, polo que serán clave para a consecución de fondos europeos.

O proxecto Samart City de Lugo consta de sete liñas de actuación que abranguen a mobilidade urbana e territorial, a eficiciencia enerxétida (cun sistema de xestión eficiente da rede municipal do alumbrado público no rural), solucións innovadoras de aplicacións das tic no medio ambiente, solucións innovadoras tic para a posta en valor do patrimonio con fines turísticos e culturais (como complemento das actuacións que xa comezaron co Proxecto Muralla Dixital), completar a implantación da e-administración, solucións innovadoras tic para o emprendemento e consolidación de novas empresas e unha plataforma tecnolóxica de xestión integrada da cidade.

Os técnicos do proxecto “RECI Mi Ciudad Inteligente”, visitan hoxe Lugo logo de pasar xa por outras sete cidades. En total, teñen previsto facer un percorrido por 30 cidades da Rede de Cidades Intelixentes co doble obxectivo de difundir a iniciativa das Smart Cities ó tempo que analizan as accións que se levan a cabo en cada unha das cidades que visitan.

Eduardo Bustillo salientou as Cidades Intelixentes aproveitan as novas tecnoloxías para lograr aforros económicos e para poñer en marcha iniciativas sostibles, ademais de contribuir a facilitar a participación cidadá na xestión pública.

Tamén expresou o seu interese polo proxecto Smart City de Lugo xa que introduce a novidade de incorporar a zona rural  a esta aposta de xestión intelixente por parte das administracións municipais.

A súa visita a Lugo, que realizan nun vehículo eléctrico, comezou no IES As Mercedes para coñecer as iniciativas que se puxeron en marcha neste centro de ensino para o aforro enerxético. Tamén visitaron a Piscina romana de Santa María e os paneis de sinalización turística que incorporan información en códigos QR e na linguaxe braille. Posteriormente desplazáronse ata o CEI-Nodus. Para esta tarde están programadas visitas ó Museo Interactivo da Historia de Lugo, e visitarán outros lugares emblemáticos da cidade como a Muralla, a Catedral e a Ponte romana.

Ademais, ás seis da tarde participarán nunha charla informativa que terá lugar na Casa do Saber.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova