Imprimir

O ALCALDE VISITOU A EXPOSICIÓN SOBRE A EDUCACIÓN NA ÉPOCA ROMANA REALIZADA POLO COLEXIO DIVINA PASTORA


10/6/2013 Este ano recrearon a vida académica da Antiga Roma no que se poden atopar ábacos ou pizarras de cera natural

 O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegáronse á exposición que co motivo do Arde Lucus celebra o Colexio Divina Pastora- Salesianos, como veñen facendo dende o ano 2008.


Para esta ocasión, inspiráronse na educación que recibian os nenos e nenas romanos e as traxectorias escolares dos mesmos. A exposición realizada polos propios profesores, pais e nais e alumnos, diferencia as diferentes etapas polas que pasaba a educación de calquera neno de época romana, dende os primeiros anos nos que se aprendía a ler e escribir nas casas, pasando pola época do colexio e finalizando de aprendiz algún gran mestre que na maioría dos casos era filósofo.

López Orozco felicitou a todos os que participaron na elaboración da exposición e “recomendouna para que a poidan visitar todos os lucenses xa que con elo aprenderían pequenas cousas do día a día”.