Imprimir

O CONCELLO CONTA DENDE HOXE CUN NOVO CAMIÓN BITUMINADOR


10/6/2013

 O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou esta mañá un novo camión que renovará a flota de vehículos de obras do Parque Móvil do Concello. O vehículo, que vai sustituir a outro é da marca Iveco e comprouse polo sistema de leasing con un custe de 170.000 euros. No acto tamén estiveron o Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural, Manuel Chaín, o xefe do Parque Móbil do Concello, José Reigosa e o Director Xeral do Concesionario de Iveco en Lugo, Juan Dominguez. 


O vehículo fabricado en España, está totalmente equipado electrónicamente, e ten unha cisterna con capacidade de 8.000 litros. “Está orientado para a zona rural, para manter as estradas en boas condicións aínda que este ano imos cun pouco de retraso por culpa do mal tempo e da chuvia” segundo manifestou López Orozco. O camión bituminador dispón dun dispositivo de última xeneración  que está adaptado as normativas para unha menor contaminación.