Cargando....
Concello de Lugo
29/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello subastará mañá diversos bens inmobles, valorados en 4,2 millóns de euros, que foron embargados por impagos


# Martes, 11/06/2013
 A poxa terá lugar ás 10.00 horas no Uxío Novoneyra

 O Concello anuncia a celebración de poxa pública de varios bens inmobles que foron embargados polo impago de cotas de urbanización ou de impostos municipais.

Concretamente vanse subastar dez propiedades que están situadas na zona de Paradai e no polígono Sur-K, así como dúas vivendas e dous baixos, todos eles desocupados, situados nas rúas da Milagrosa, Becerrea, Montirón e Rof Codina.

En total o importe do tipo de poxa ascende a algo máis de 4,2 millóns de euros.

A poxa pública terá lugar ás 10.00 horas no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

Segundo informa a Concellería de Economía, non se admitirán posturas inferiores ó tipo de poxa, debendo axustarse as ofertas sucesivas ó tramo indicado.

Os licitadores teñen a obriga de constituir ante a Mesa de poxa, con anterioridade a súa celebración, un depósito do 20 por 100 do tipo de poxa sinalado, coa advertencia de que, si o adxudicatario non satisface o prezo do remate, dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen perxuizo das responsabilidades nas que poida incorrir polos prexuizos que orixina a falta de pagamento do prezo de remate.

O depósito deberá constituirse mediante cheque nominativo e cruzado a favor do Concello de Lugo e estar conformado ou certificado pola entidade bancaria, en data e forma.

O anuncio da citada poxa pode ser consultado no Boletín Oficial da Provincia, número 103 de data 6 de maio, na Oficina de Recadación Executiva do Concello, Ronda da Muralla nº 7-8 baixo, ou ben no Taboleiro de Anuncios do propio Concello, que está situado na planta baixa do Edificio Administrativo municipal, Ronda da Muralla nº 197.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova