Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora coa Fundación Mapfre na visita a Lugo da Caravana de Educación Vial


# Martes, 11/06/2013
A Caravana, que recorre España para promover comportamentos e actitudes responsables nos escolares en relación co tráfico, instalarase na Horta do Seminario a semana que vén

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, participaron hoxe, xunto cos representantes de Mapfre en Lugo, Miguel Ángel Alvariño e Esther López, e co Subxefe provincial de Tráfico, Rafael Araújo, na presentación da Caravana de Educación Vial, que chegará a Lugo a semana que vén.

O Alcalde agradeceulle a Mapfre que pensara en Lugo para levar a cabo esta iniciativa didáctica, como é a Caravana organizada para promover entre os escolares actitudes responsables respecto do tráfico, e dixo que “se trata dun magnífico complemento das actividades que, desde hai anos, leva a cabo o Concello de Lugo, en colaboración coa Xefatura provincial de Tráfico.

López Orozco lembrou que o Concello de Lugo leva doce anos organizando os cursos de verán de Educación vial para que os nenos de Lugo aprendan as normas de circulación. Onte mesmo abriuse o prazo para inscribirse na edición deste verán.

Os cursos impartiranse no mes de Xullo no Parque Infantil de Tráfico do Concello onde tamén se celebran os cursos Primavera Segura.

A Caravana, que se instalará na Horta do Seminario, abrirá as súas portas o luns pola tarde e funcionará ata o venres a mediodía, con horario continuo de 9 a 18 horas e por ela pasarán grupos de escolares de distintos colexios de Lugo, de 8 a 12 anos, que aprenderán a normativa e sinalización do tráfico así como a circular con bicicletas e karts.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova