Cargando....
Concello de Lugo
29/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde amosa a súa inquedanza polos plans do Ministerio de Fomento para a chegada do AVE a Lugo


# Martes, 11/06/2013
A Ministra de Fomento aínda non deu resposta á carta que lle enviou o Alcalde de Lugo en outubro do ano pasado

 O Alcalde, José López Orozco, volveu expresar a súa preocupación polo futuro do AVE a Lugo trala reunión que celebraron onte os ministros de Transporte da Unión Europea. 

O Alcalde amosou, de novo, a súa inquedanza polos plans do Ministerio de Fomento para a chegada do tren de Alta Velocidade a Lugo logo da información facilitada polo Goberno tralo Consello de Ministros de Transportes da Unión Europea que fala da financiación europea para o AVE a Galicia pero non concreta nada respecto a Lugo.

López Orozco manifestou que a Ministra de Fomento, Ana Pastor, manifestou que está satisfeita porque o AVE a Galicia vai recibir unha compensación especial pero o Ministerio non fai ningunha referencia concreta a Lugo nin tampouco á construcción da Estación Intermodal, da que “nunca volvimos saber nada”.

“Estou moi preocupado porque na información difundida non se cita para nada sobre cal vai ser o trazado, se Lugo se beneficia ou non desa maior aportación da UE e teño a mosca detrás da orella desque, o ano pasado, nunha reunión do Eixo Atlántico, souben que había dúas categorías para o tren de Alta Velocidade”, explicou o Alcalde.

López Orozco lembrou que xa daquela, o día 11 de outubre de 2012, se dirixiu por carta á Ministra de Fomento, Ana Pastor, para pedirlle que lle aclarase cales son os plans do Ministerio para chegada da Alta Velocidade a Lugo e “se esa conexión vai ter o financiamento necesario para que Lugo conte co tren de Alta Velocidade no horizonte da chegada da Alta Velocidade a Galicia”.

Oito meses despois, o Ministerio de Fomento aínda non deu resposta “nin positiva nin negativa”, dixo o Alcalde, quen anunciou que “se non se concreta máis a información facilitada onte, reiterareille a solicitude á señora Ministra, para saber cómo queda ese incremento de colaboración da Unión Europea e a ver se chega á nosa cidade”.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova