Imprimir

A ZONA DE AUTOCARAVANAS TRASLÁDASE A MONTIRÓN-SAN FIZ POR MOR DA CELEBRACIÓN DO ARDE LUCUS


11/6/2013

O Concello habilitou unha zona provisional de autocaravanas no barrio de Montirón-San Fiz debido a que vai quedar inutilizada a da explanada do Pavillón Municipal dos Deportes durante a celebración das festas do Arde Lucus, con motivo da instalación do Circo Romano e das diferentes actividades programadas durante a festa.

Os usuarios de autocaravanas poden utilizar como alternativa, ata o vindeiro día 18, a zona que se acondicionara en anos anteriores para os feirantes do San Froilán. Esta zona está sinalizada e dispón dos servizos necesarios para o avituallamento destes vehículos. Ademais, a súa ubicación está señalizada dende a Avenida de Madrid con paneis de localización.

Adxúntanse planos coa ubicación da zona de autocaravanas e a ruta para chegar ata ela dende a avenida de Madrid