Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de cen desempregados participaron nos sete cursos da primeira fase de Lugo Emprego Activo 2 organizados polo Concello con financiamento europeo


# Mércores, 12/06/2013
O Alcalde e a Concelleira de Educación entregaron os diplomas ós participantes nos cursos nun acto que se celebrou no Espazo>Lab

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, entregaron hoxe os diplomas ós participantes nos cursos do programa de formación e inserción laboral “Lugo emprego activo 2”, que cofinancia o Fondo Social Europeo.

Nestes cursos, organizados polo Concello, participaron un total de 105 persoas desempregadas. O acto de entrega dos diplomas tivo lugar esta mañá na Aula multiusos do Espazo>Lab, o centro municipal de formación e orientación laboral.

O Alcalde destacou a importancia da formación para afrontar o difícil reto da busca de traballo nun momento de tantas complicacións no mundo laboral e manifestou que, unha vez realizados os cursos, é o momento de loitar sen caer no desánimo para atopar un emprego.

López Orozco tamén lles ofreceu os servizos do Espazo>Lab para recibir asesoramento na búsqueda de emprego, aínda que lembrou que o Concello non ten competencias nesta materia.

Na primeira fase deste programa puxéronse en marcha sete cursos sobre atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións, monitor/a de ludotecas, monitor/a de turismo activo, encuestador/a, técnico/a en transporte sanitario, instalación e mantenemento de xardíns e zonas verdes e elaborador/a de produtos lácteos.

Cada un deles contou coa participación de 15 alumnos.

Os alumnos destes cursos completaron a súa formación coa participación en obradoiros de búsqueda activa de emprego e autoemprego e, ademais, recibiron formación transversal de habilidades sociais, hábitos laborais, novas tecnoloxías da información, sensibilización no medio ambiente, loita contra a exclusión social e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. 

Unha vez rematados os cursos, os técnicos do Espazo>lab comezan a realizarlles o seguemento para axudalos na búsqueda activa para a súa inserción laboral.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova