Cargando....
Concello de Lugo
29/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aprobou solicitar á Xunta un obradoiro de emprego sobre dixitalización do patrimonio


# Mércores, 12/06/2013


Imaxe Asociada
O Voceiro do Goberno Local tamén anunciou a aprobación da liquidación en concepto de imposición de penalidades á empresa encargada da rehabilitación da Ponte Romana polo atraso nas obras

Luis Álvarez tamén informou da publicación no DOG de hoxe as bases para a solicitude das axudas para o alugueiro de vivendas


O Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, deu conta dos asuntos aprobados pola Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e na que se aprobou solicitar un obradoiro de emprego á Xunta de Galicia que terá como principal obxectivo a conservación e posta en valor dunha parte do rico patrimonio documental do Concello de Lugo a través da dixitalización do patrimonio da cidade. Esta solicitude está avalada polas principais entidades sociais da cidade que nunha reunión previa adheríronse á solicitude para que a Xunta adxudique algún obradoiro de emprego ao Concello de Lugo.

Luis Álvarez tamén informou que se aprobou a modificación das ordenanzas fiscais relativas aos servizos de Axuda no Fogar, Xantar no Fogar e Centros de día, por unha nova normativa autonómica que obriga a realizar unha suba de prezos. “O Concello viuse obrigado a realizar este cambio pero faino aplicando o mínimo que permite a normativa pero, como é o noso compromiso, seguirá sendo gratuíto para todas as persoas que teñan un capacidade económica igual ou inferior ao 80 do IPREM” segundo explicou o Voceiro.

O Goberno Local tamén aprobou a liquidación provisional en concepto de imposición de penalidades á empresa encargada da rehabilitación da Ponte Romana por valor de 8.357 euros. Luis Álvarez sinalou que esta liquidación forma parte dos 61 días da prórroga que o Concello lle concedeu á empresa para rematar o traballo ao non cumprir cos plazos establecidos.

 Axudas alugueiro social
Por outro lado, o Concelleiro de Urbanismo, tamén informou que hoxe sae publicado no DOG as bases para solicitar as axudas para alugamento de vivendas para o que se dispón dunha cantidade inicial de 149.000 euros que poderá ser incrementada en función das necesidades que se produzan se aumenta o número de solicitantes. O prazo estará aberto dende o 13 de xuño ao 12 de xullo. O Concello facilitou este tipo de axudas a 93 familias con cargo á anualidade de 2011 e no 2012 o número de beneficiarios foi de 105. Máis da metade das familias que recibiron esta axuda pagaron con ela a metade do importe do alugueiro da súa vivenda e a media do que abonou o Concello a cada beneficiario foi de 113,60 euros ó mes.

Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova