Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá xoves 13 estréase o primeiro documental sobre o Arde Lucus dirixido por Brais Revaldería


# Mércores, 12/06/2013
O documental proxectarase nunha pantalla xigante na Praza de Santa María ás 22:30 horas

Imaxe Asociada
 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou o primeiro documental sobre o Arde Lucus e que se presenta mañá xoves 13 de xuño ás 22:30 horas na Praza de Santa María. Este traballo cunha duración de 60 minutos está dirixido polo lucense Brais Revaldería que, como salientou na presentación, “esta é unha pequena aportación para que unha gran festa como é o Arde Lucus se coñeza no mundo enteiro”.

O director do documental explicou que esta idea xurdiu ao ter que facer un proxecto de final de curso na Escola de Cine de New York e “acordeime de Lugo e do seu Arde Lucus”. O documental grabouse durante o Arde Lucus 2012 e ao que se lle engadiron novas imaxes actuais do Castro de Viladonga e da Ponte Romana rehabilitada. Neste sentido, tamén sinalou que se proxecta por primeira vez en España e que o preinscribirá en diferentes festivais de cine como o de San Sebastian ou o de Sundance nos Estados Unidos.

Carmen Basadre destacou que “apoiaremos todas as iniciativas de este estilo porque supoñen unha importante fonte de divulgación da nosa festa e máis cando quedan tan espectaculares como este” ademais de invitar a todos os lucenses a achegarse o xoves á estrea do documental.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova