Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O V Torneo Arde Lvcvs de Hockey a patíns en liña celébrase esta fin de semana no Pavillón municipal Daniel Cordido Castro


# Xoves, 13/06/2013
O Torneo, que organiza o Club Patíns Lóstregos Lucus, conta coa participación de oito equipos chegados de distintos lugares de España

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa da celebración esta fin de semana do V Torneo Arde Lvcvs de Hockey a patíns en liña, que se enmarca na programación deportiva do Arde Lvcvs e no que colaboran o Concello e o Club Patíns Lóstregos Lucus.

No Torneo participarán oito equipos formados por xogadores e xogadoras chegados de distintos puntos de España como Vitoria, Bilbao, Valladolid, Madrid, Barcelona, A Guarda e Vigo. Concretamente, os equipos que participarán no Torneo son o CD Sumendi, HDP Luxor Time, Vrsvs Carinosvum, Alcorcón, Trivnviratus, Iuven Lostregum, Cabvxos e H.L. Lvgo-Lóstregos.

A competición terá lugar o sábado, día 15, e o domingo, día 16, no Pavillón Municipal da Piringalla Daniel Cordido Castro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova