Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Praza de Abastos organiza un obradoiro de aromas romanos este sábado pola mañá


# Xoves, 13/06/2013
Todos aqueles que queiran participar poderán facelo entre as 12 e as 14 horas do sábado na Praza de Abastos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez e a de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron esta mañá a Praza de Abastos e os materiais que se empregarán para o obradoiro infantil Aromas romanos que se celebra este sábado con motivo do Arde Lucus.

Este ano, por primeira vez, os praceiros e praceiras de Lugo súmanse á celebración do Arde Lucus coa elaboración dun Obradoiro de Aromas para nenos e nenas a partir de 5 anos que terá lugar na Praza de Abastos este sábado 15 de xuño de 12 a 14 horas. 

O obradoiro que será gratuíto levarase a cabo na parte superior da Praza en colaboración con O Faro dos Tres Mundos, con ampla experiencia neste tipo de actividades. Desta maneira, os rapaces poderán adentrarse na aventura de descobrir os diferentes aromas e olores do mundo relacionados con produtos de mercados próximos e lonxanos, ou sorprender as súas facultades olfativas nunha cata a cegas. Trátase pois de combinar o aspecto lúdico e pedagóxico nunha actividade que achegue o mundo do mercado ós máis pequenos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova