Imprimir

A PRAZA DE ABASTOS ORGANIZA UN OBRADOIRO DE AROMAS ROMANOS ESTE SÁBADO POLA MAÑÁ


13/6/2013 Todos aqueles que queiran participar poderán facelo entre as 12 e as 14 horas do sábado na Praza de Abastos

 A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez e a de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron esta mañá a Praza de Abastos e os materiais que se empregarán para o obradoiro infantil Aromas romanos que se celebra este sábado con motivo do Arde Lucus.


Este ano, por primeira vez, os praceiros e praceiras de Lugo súmanse á celebración do Arde Lucus coa elaboración dun Obradoiro de Aromas para nenos e nenas a partir de 5 anos que terá lugar na Praza de Abastos este sábado 15 de xuño de 12 a 14 horas. 

O obradoiro que será gratuíto levarase a cabo na parte superior da Praza en colaboración con O Faro dos Tres Mundos, con ampla experiencia neste tipo de actividades. Desta maneira, os rapaces poderán adentrarse na aventura de descobrir os diferentes aromas e olores do mundo relacionados con produtos de mercados próximos e lonxanos, ou sorprender as súas facultades olfativas nunha cata a cegas. Trátase pois de combinar o aspecto lúdico e pedagóxico nunha actividade que achegue o mundo do mercado ós máis pequenos.