Imprimir

O CONCELLO AMÓSALLE Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN OS TERREOS QUE LLE OFRECE PARA CONSTRUIR UN NOVO COLEXIO NO SAGRADO CORAZÓN


13/6/2013 O Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo reuníronse co Secretario Xeral Técnico da Consellería

 O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, reuníronse hoxe co Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Jesús Oitavén, ó que lle facitaron máis información sobre os terreos que o Concello lle ofrece á Consellería para que constrúa un novo colexio no barrio do Sagrado Corazón.


O encontro tivo lugar esta mañá na Casa do Concello, e tamén participaron nel a Directora Xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, xunto con técnicos municipais e autonómicos.

Logo da reunión, o Concelleiro de Urbanismo e os técnicos municipais acompañaron á delegación de Educación a coñecer in situ os terreos que ofrece o Concello.

Trala visita, Luis Álvarez explicou que o Concello daralle toda a colaboración precisa á Consellería, que inicialmente pedía 8.000 metros cadrados e agora ampliou os 10.000 metros cadrados a superficie necesaria.

Tamén manifestou que o Concello está disposto a atender ese novo requerimento para que a Consellería de Educación constrúa o colexio para atender as necesidades dos veciños do barrio do Sagrado Corazón.