Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local pon en marcha un amplo dispositivo de tráfico e seguridade con motivo do Arde Lucus


# Venres, 14/06/2013


A Policía Local disporá un amplo dispositivo de tráfico e seguridade na cidade con motivo da celebración do Arde Lucus. Para a realización deste dispositivo reforzaranse as quendas de servizo nas tardes e noites da fin de semana (venres, sábado e domingo).

Dende o Gabinete de Tráfico deste corpo policial infórmase de diferentes cambios na ordenación do tráfico que se acometeron con ocasión destas festas, así como da incidencia dos diferentes actos na vía pública sobre o tránsito rodado:

Cambios no ordenamento:

 - A explanada do Pavillón Municipal dos Deportes será ocupada polo Circo Romano, o que motivará a inutilización deste espazo público e o desprazamento do estacionamento autorizado de autocaravanas; como xa se difundiu previamente. Dito espazo autorizado trasládase a zona de Montirón-San Fiz (ver planos na páxina web municipal). O itinerario está sinalizado dende a avenida de Madrid.
 - Ampliación das zonas de estacionamento dos vehículos autotaxi, nas prazas de Santo Domingo e da Constitución.

Cortes de tráfico con motivo da celebración dos diferentes actos do Arde Lucus:

 Sábado día 15/06/13:
 - Cortes de tráfico na avenida da Coruña, a partires das 16:00 horas, para facilitar o desprazamento de un grupo de unhas 400 persoas (Desfile de Salesiani Lucus Augusti) dende a praza da Milagrosa ata o centro da cidade.
  - Cortes de tráfico no centro, afectando á Ronda da Muralla, dende as 18:45 horas, para facilitar o paso dun desfile de cabalos que procedente do Carril dos Fornos diríxese cara a explanada do Pavillón Municipal dos Deportes (rúa María Balteira-rúa Montevideo-praza Bispo Odoario-Ronda da Muralla-rúa Santiago).
           
            Domingo día 16/06/13:

            - Cortes de tráfico na avenida da Coruña, a partires das 12:00 horas, para facilitar o desprazamento dun grupo dunhas 400 persoas (Desfile de Salesiani Lucus Augusti) dende a praza da Milagrosa ata o centro da cidade.
            - Cortes de tráfico no centro, afectando á Ronda da Muralla, dende as 18:45 horas, para facilitar o paso dun desfile de cabalos que procedente do Carril dos Fornos diríxese cara a explanada do Pavillón Municipal dos Deportes (rúa María Balteira-rúa Montevideo-praza Bispo Odoario-Ronda da Muralla-rúa Santiago).
            - Corte de tráfico na Ronda da Muralla, a partires das 19:45 horas ata as 20:45 horas, por mor do agrupamento das tropas (acto final das lexións romanas e as tribos celtas). Afectará ao tramo da ronda comprendido entre as portas Falsa e Bispo Odoario. O tráfico desviarase nestes puntos polas vías da contorna.
            - Cortes de tráfico no centro da cidade, a partires das 12:30 horas, para facilitar o desfile dos colexios que se despraza dende a praza San Marcos ata as costas do parque Rosalía de Castro (afecta ao acceso ó centro cidade dende a porta da Estación e asemade a avenida Rodríguez Mourelo, a praza de Avilés e as rúas Puro Cora e Pascual Veiga).

            A Brigada de Sinalización Viaria trasladou material de sinalización circunstancial as diferentes prazas e rúas afectadas polos cortes de tráfico.
            A Sala de Control de Tráfico realizará axustes na regulación semafórica da cidade para mellorar a fluidez do tráfico no entorno do Recinto Histórico


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova