Imprimir

O CONCELLO ABRE UNHA INVESTIGACIÓN SOBRE A ATRIBUCIÓN DUN NÚMERO DE TELÉFONO MUNICIPAL A UNHA EMPRESA


14/6/2013

O Concello de Lugo acordou hoxe abrir unha investigación sobre o feito de que un número de teléfono municipal apareza a nome dunha empresa privada.

A raíz da publicación da noticia de que un número de teléfono municipal figura na guía telefónica como se fora titular del unha empresa, o Goberno local acordou hoxe a apertura dunha investigación sobre o tema.

Para poder actuar o antes posible, foi convocada hoxe mesmo unha Xunta de Goberno Local urxente e extraordinaria, xa que é éste o órgano competente para a tramitación dos procedementos de investigación,

A reunión da Xunta de Goberno Local celebrouse este mediodía e nela tomouse o acordo de abrir unha investigación co obxectivo de clarexar cal é o motivo de que se atribúa na guía o número dun teléfono do Concello de Lugo a unha empresa privada.