Imprimir

XXI CAMPIONATO GALEGO VETERANO DE TENIS DE MESA NA CASA DO DEPORTE


14/6/2013 Mañá terá lugar o XXI Campionato Galego Veterano de Tenis de Mesa na Casa do Deporte

O sábado 15 de xuño celebrarase na Casa do Deporte a XXI Campionato Galego Veterano de Tenis de Mesa.

Así, dende as 09:30 horas os 16 equipos masculinos de máis de 40 anos, os 16 equipos masculinos de máis de 50 anos e os 8 equipos femininos participarán nas diferentes eliminatorias  copa Corbillón e da Copa Swaythling.

Campionato Galego Infantil de Wu-shu

O domingo 16 de xuño tamén se celebra no pabillón Municipal dos Deportes o Campionato Galego Infantil de Wu-shu entre as 10:30 e as 14:30 horas, no que se agarda a asistencia de máis de 150 deportistas, con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, chegados de diferentes lugares de Galicia.