Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Arde Lucus 2013 supera todas as expectativas económicas e de visitantes con preto de 550.000 persoas


# Luns, 17/06/2013
Carmen Basadre agradeceu o traballo aos patrocinadores, asociacións, veciños e veciñas e todas aquelas persoas implicadas na festa polo esforzo para que saíse todo o mellor posible

Imaxe Asociada
A Concelleira xa adiantou a data para o Arde Lucus 2014 que será do 13 ao 15 de xuño do ano próximo

Tamén destacou a afliuencia de visitantes de fóra de Galicia, tanto de España como de Europa e incluso Xapón


O Arde Lucus 2013 cumpliu un ano máis cun novo éxito de participación e marcando novas cifras de visitantes. Así, o anunciou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, no balance que realizou esta mañá dunha das festa de recreación histórica máis destacadas de España, e na que durante este  fin de semana se superaron todas as expectativas con aproximadamente 550.000 visitantes.

Carmen Basadre destacou que “estamos satisfeitos porque foi un éxito rotundo e conseguimos situala no calendario das grandes festas de España grazas ao traballo e a implicación de todos”. Veciños, asociacións, forzas de seguridade do Estado e do Concello, aos medios de comunicación pola divulgación e todos os asistentes recibiron o agradecemento por parte do Concello pero tamén “aos Deuses romanos por conseguir que tivésemos un tempo excelente a maior parte do tempo” segundo bromeou a Concelleira de Cultura.

Así, un ano máis quedou demostrada a importancia que ten para Lugo e para a súa economía a festa do Arde Lucus xa que segundo os cálculos de Protección Civil a afluencia foi de entre 525.000 e 550.000 persoas nestes días e destacou que “estiveron ateigados de público tanto os diferentes espectáculos como as rúas da cidade”. “Se todas as persoas que se achegaron a cidade fixeron un gasto mínimo de 15 euros temos que en Lugo, neste fin de semana, circularon preto de 8 millóns de euros” destacou a responsable da festa do Arde Lucus. As cifras de recollida da basura tamén demostran este aumento da afluencia de participantes, así entre as noites do venres para o sábado e do sábado para o domingo, o servizo de limpeza da cidade recolleu 8.000 kilos máis que na edición pasada, superando os 200.000 kilos de basura.

A responsable da área de Xuventude, agradeceu a todas e cada unha das persoas que se participaron na organización e desenvolvemento do Arde Lucus, a todos aqueles que axudaron a que a cidade de Lugo ofrecese a súa mellor cara. E fixo unha mención especial á gran demostración de solidaridade que deron as asociacións despois do incendio fortuíto na Castra e que afectou as instalacións das asociacións Lugdunum e Tir Na N´og.

Tamén os medios de comunicación tiveron un papel importante na difusión desta festa máis aló das nosas fronteiras e así cubriron a festa, ademais dos medios de Lugo e de Galicia, tamén medios nacionais como “Telecinco, Televisión Española, Cuatro, Televisión de Galicia, Radio Galega, Europa Press Televisión e perdoade se esquezo algún e tamén quero agradecer a difusión do documental que grabou Brais Revaldería” sinalou Basadre.

Ademais incidiu en que “podemos considerar máis que consolidada esta festa cando, nunha época de dificultades económicas como a que estamos vivindo, somos capaces de reunir a tantas persoas en só tres días”. Este ano, ademais de achegarse persoas de toda Galicia, de diferentes puntos de España como Asturias, Madrid ou Andalucía, pero tamén se notou unha influencia importante de visitantes europeos como grupos de mozos e mozas chegados de Portugal e Italia, de Reino Unido, de Alemaña e incluso un grupo de nipóns.

A Concelleira de Cultura contou que foran moitas as persoas tanto veciños e veciñas como xente de fóra que a felicitaron pola organización e “por facer que se sentiran orgullosos de ser de Lugo”. Pero como ela mesma destacou “agora toca descansar un pouco e ver que fallos se puideron cometer para seguir mellorando en futuras edicións e facer da nosa unha Festa de Interese Turístico Nacional”.

Presuposto Arde Lucus 2013
A responsable de Cultura sinalou que “temos que agradecer o traballo feito polos patrocinadores e por todas as empresas que levaron a cabo as diferentes actividades xa que se souberon adaptar ao presuposto co que contaba o Concello e que incluso nos permitiu aforrar preto de 72.000 euros”. Desta maneira, o Arde Lucus 2013 tiña un prezo de 229.000 euros, dos que 176.000 euros estaban presupostados polo Concello de Lugo, pero grazas a colaboración dos patrocinadores con 53.800 euros, aos 60.360 euros dos restaurantes e postos da Praza Maior, e os 11.446 euros da venda de entradas para o Circo Romano, a aportación líquida municipal será de 104.193 euros “co que incluso chegamos a aforrar máis de 72.000 euros” indicou Carmen Basadre.

Arde Lucus 2014
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, tamén avanzou as datas do próximo Arde Lucus, que serán similares ás de este ano, coincidiendo cos días 13, 14 e 15 de xuño de 2014 para evitar que nun mesmo fin de semana se xunten o Arde Lucus coa festividade de Corpus Christie.

Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova