Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta mañá inaugurouse a Caravana de Educación Vial da Fundación Mapfre que estará instalada ata o sábado


# Martes, 18/06/2013
 Esta mañá inaugurouse a Caravana de Educación Vial da Fundación Mapfre que estará instalada ata o sábado

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, acompañada por Juan Pedro Murdía, Director Territorial de Mapfre, e pola Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero, inauguraron a Caravana de Educación Vial situada na Praza Horta do Seminario.

Esta actividade estará en funcionamento ata o sábado ao mediodía, con horario continuo de 9 a 18 horas e por ela pasarán tanto grupos de escolares de distintos colexios de Lugo como nenos e nenas que queiran participar individualmente e con idades comprendidas entre 8 e 12 anos, que aprenderán a normativa e sinalización do tráfico así como a circular con bicicletas e karts.

A Concelleira de Educación sinalou que “dende o Concello se traballa para que os máis pequenos aprendan e coñezan as normas básicas de educación vial porque moitas veces son eles os que corrixen aos pais e nais condutores”. Tamén agradeceu á Fundación Mapfre que escolleran a cidade de Lugo como un dos puntos do seu percorrido por toda España.

Na inauguración, Esther Muñóz, tamén lembrou que o Concello de Lugo leva máis de 10 anos organizando diferentes actividades sobre educación vial para que os nenos e nenas coñezan e poñan en práctica as normas de circulación.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova