Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo súmase á celebración do Día Mundial da Calceta


# Mércores, 19/06/2013
A cita é este venres, na Praza Maior

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana Gonzáles Abelleira, a través da área de animación sociocultural, súmase á celebración do Día Mundial da Calceta, que se celebra este venres, día 21 de xuño.

Con este motivo organiza, por segundo ano consecutivo, unha xuntanza aberta para todo o público que queira calcetar e ganchillar en compañía doutras persoas que comparten a mesma afición.

O obxectivo é retomar o costume de sair á rúa a calcetar e a disfrutar da compañía doutras persoas, compartindo un tempo de conversa e de relación cos demais.

Esta actividade, semellante as que se organizan noutras cidades, terá lugar na Praza Maior co seguinte horario: de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

O único requisito para participar nela é acudir provisto do material necesario para calcetar ou ganchillar.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova