Cargando....
Concello de Lugo
06/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Confederación Hidrográfica ignora as súas propias competencias ao pretender que o Concello de Lugo pague un traballo que lle corresponde facer a dito organismo


# Mércores, 19/06/2013
O Concelleiro de Urbanismo informou de que a UE sancionou ao Goberno español por non ter delimitados correctamente todos os cauces fluviais

O Voceiro de Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, manifestou esta mañá que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pretende que o Concello de Lugo asuma unha competencia que non corresponde ás administracións locais, senón á propia Confederación, como é facer o estudo do cauce fluvial do Río Rato.

Esta situación provoca que os servizos de Intervención do Concello, que teñen a responsabilidade de velar polo bo uso do diñeiro que sae das arcas municipais, teñan dúbidas respecto da posibilidade legal de que unha administración local poida contratar o estudo fluvial cando esa é unha competencia que ten por lei outra entidade pública.

Luis Álvarez sinalou que “dende sempre dixemos que o que se nós pedia de cartografía é unha competencia exclusiva da Confederación Hidrográfica e impropia das administracións locais” e puxo como exemplo “é como se Fomento nos pide que delimitemos por onde vai A-6 ao seu paso por Lugo ou como se Adif nos pregunta por onde vai a vía do tren.”

O Concelleiro de Urbanismo manifestou que a pesar de que o señor Jaime Castiñeira teña a teima de que somos todos uns inútiles e non facemos nada, a realidade é que o Estado Español ten que ter antes do 31 de decembro deste ano a delimitación de todos os cursos fluviais por imposición da Unión Europea. Polo tanto, se o Estado Español ten unha sanción do organismo europeo por non ter feito o seu traballo de delimitar correctamente todos os cauces fluviais, “porque non nos sancionan a nós se, como dixo o Presidente da Confederación, fose competencia municipal?Pois porque non o é”.

Neste sentido, tamén avanzou que o Estado Español a través da Subdirección Xeral de Aguas, “un organismo que a Confederación debe descoñecer”, ten encargados estudos de todos o trazado dos cauces fluviais de todo o territorio español para dar cumprimento con esta obriga, “polo que supoñemos que nese estudo tamén se incluiran os cauces dos ríos de Lugo” explicou Álvarez.

O Concelleiro de Urbanismo tamén se referiu aos problemas que está creando “o afán de protagonismo do señor Castiñeira, aínda que sexa á sombra de outros persoeiros, que visitan instalacións deportivas para anunciar unhas nimias inversións” ou como “o outro día no Sagrado Corazón, e dame a impresión que nesa busqueda de protagonismo está cometendo uns actos de bastante imprudencia que non é capaz de entender”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova