Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e Interparking anuncian unha importante rebaixa de tarifas nos aparcamentos das Prazas do Ferrol e da Constitución a partir do 25 de xuño


# Mércores, 19/06/2013


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello e Interparking anuncian unha importante rebaixa de tarifas nos aparcamentos das Prazas do Ferrol e da Constitución a partir do 25 de xuño

Estacionar durante un día no aparcamento da Praza da Costitución custará 2,95 € e no da Praza do Ferrol, 3,95 € 

O Alcalde, José López Orozco, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, acompañados por José Luis del Oro Quinteiro, representante da Zona de Galicia de Interparking Hispania, a concesionaria municipal dos aparcamentos situados nas prazas do Ferrol e da Constitución, anunciaron hoxe unha rebaixa nas tarifas dos dous aparcamentos municipais que entrará en vigor a partir do vindeiro martes, 25 de xuño.

O Alcalde explicou que, froito das xestións realizadas polo Concello, a concesionaria dos dous aparcamentos soterrados decidiu establecer unha tarifa máxima por aparcamento durante un día de 2,95 euros para o parking da Praza da Constitución e de 3,95 euros para o da Praza do Ferrol, cando ata agora o importe por estacionar durante 24 horas nos dos aparcamentos era duns 15 euros.

Esta importante rebaixa de tarifas pode ser un gran revulsivo que contribúa, entre outras cousas, á dinamización económica do Casco histórico xa que beneficiará especialmente ós traballadores e comerciantes que teñen establecementos no Centro pero residen noutros lugares, porque poderán aparcar os seus vehículos durante toda a xornada laboral pagando a cambio un prezo módico en lugar de ter que facer importantes desembolsos económicos.

Ademais, a Concelleira de Economía explicou que a concesionaria dos aparcamentos municipais está sendo moi receptiva ás propostas que lle está a facer desde hai tempo o Concello e tamén está a negociar bonos cos comerciantes para o parking de Santo Domingo para que poidan ofrecer descontos ós seus clientes, algo que xa se experimentou no pasado Nadal.

Pola súa parte, o responsable para Galicia de Interparking Hispania destacou que, con esta medida de reducción de tarifas, pretenden contribuir á dinamización económica xa que, dada a situación de crise, apréciase unha diminución do movemento de vehículos nas cidades. Tamén destacou que a rebaixa terá outros efectos favorables para o tráfico, coa eliminación de vehículos estacionadaos en superficie, e o medioambiente, xa que se reducirán as emisións contaminantes de CO2.

Obxectivos

Esta importante reducción das tarifas de estacionamento nos dous aparcamentos soterrados persiguen catro obxectivos:

Reactivación do centro de Lugo xa que o establecemento dunha tarifa plana  fará que non haxa presa por abandonar os parkins.
Medio ambiente: reducirase o tráfico de vehículos que circulan buscando aparcamento, coa correspondiente reducción de emisións de CO2 á atmósfera.
Tempo: aforrarase tempo que se adica á busca dun lugar para aparcar, co conseguinte aforro de combustible ó non ter que dar voltas.
Atascos: reducirase o tráfico de vehículos en superficie, polo que o centro liberarase de atascos



As novas tarifas

A partir de agora, será posible aparcar 3, 4, 5, 9, 15, ata 24 horas, por un precio máximo de 3,95 € no aparcamento da Praza do Ferrol e de 2,95 € no aparcamento da Praza da Constitución. Todos os días e a calquera hora.

As tarifas do aparcamento da Praza da Constitución son as seguintes:

Estancia                Importe (IVA incluido)
De 1 a 92 min.            0,0294097 € / min
De 93 a 105 min.            0,0196065 € / min
Máximo diario            2,95 € / Día estacionado

As tarifas do aparcamento da Praza do Ferrol quedan fixadas así:

Estancia                Importe (IVA incluido)
De 1 a 92 min.            0,0294097 € / min
De 93 a 156 min.            0,0196065 € / min
Máximo diario            3,95 € / Día estacionado


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova