Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Benestar Social organiza este verán sete excursións dentro do programa de Animación Sociocultural


# Xoves, 20/06/2013
Sairán dos distintos Centros de Convivencia e os destinos serán  Ribadeo, Viveiro, Alfoz, Foz, Monforte, A Coruña e Ourense

A área de Animación Sociocultural dependente da  Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana Gonzáles Abelleira, comunica o calendario de excursións de verán que organiza este ano ano o Concello dentro das actividades que se desenvolven na rede de Centros de Convivencia do Concello.

Son sete excursións, programadas dentro das actividades de Animación Sociocultural para este verán, que se realizarán nos meses de xullo e agosto.

A primeira delas é a que ten programado o Centro de Convivencia de Lamas de Prado. Terá lugar o día 3 de xullo e o seu destino é a cidade de Ourense.

Unha semana despois, o 10 de xullo, será a que organiza o Centro de Convivencia da Milagrosa para visitar Ribadeo e a praia das Catedrais.

O Centro de Convivencia de Maruja Mallo ten programada para o día 12 de xullo unha visita a Viveiro.

Á semana seguinte, o día 19 de xullo, terá lugar a excursión que organiza o Centro de Convivencia do Sagrado Corazón con destino á cidade de A Coruña.

Para o 31 de xullo está prevista a que organiza o Centro de Convivencia de Fingoi á Finca Galega-Castelo Pardo de Cela, en Alfoz.

Xa no mes de agosto, o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra levará a cabo, o día 7, unha excursión a Foz.

Por último, o Centro de Convivencia María Balteira organiza para o día 21 de agosto a última das excursións con destino a Monforte.

As inscricións para tomar parte neste programa de excursións fanse en cada Centro de Convivencia e deben formalizarse os luns, martes e mércores da semana inmediatamente anterior á viaxe, en horario de 9 a 13.

O prezo é de 4,12 euros e as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova