Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá remata o prazo de solicitude para as fogueiras de San Xoán


# Xoves, 20/06/2013


O Concello lembra que mañá, venres, día 21 de xuño, rematará o prazo para a presentación das solicitudes de permiso para as fogueiras de San Xoán (Lume Novo).  As solicitudes están a disposición dos interesados nas dependencias da Policía Local e o prazo para presentalas pecharáse ás 13.00 horas.

O Alcalde, José López Orozco, ditou un bando que recolle as normas ás que se teñen que axustar as as fogueiras no que se prohibe a queima de rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.

Tamén se establece no bando que as fogueiras non poderán facerse en lugares póximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xaríns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo.

Obriga, ademais, ó responsable ou responsables e ós organizadores de cada fogueira a retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requerimento da Policía Local, a sufocar de inmediato a fogueira


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova