Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Muralla de Lugo volve protagonizar un Cupón da Once


# Xoves, 20/06/2013
O monumento romano ilustra por terceira vez o cupón desque foi declarado Patrimonio Mundial da Humanidade, o 30 de novembro de 2000

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo felicítase porque a Muralla Romana da nosa cidade volverá ter unha difusión masiva en toda España, grazas á colaboración da ONCE, que distribuirá unha imaxe do noso monumento por todo o territorio español a semana que vén.

Segundo lle comunicou a ONCE ó Concello, a Muralla de Lugo ilustrará  o cupón da ONCE do vindeiro martes, día 25 de xuño. Concretamente, a imaxe que se reproduce, nesta ocasión, corresponde ó treito no que está situada A Mosqueira.

Esta é a terceira ocasión na que a Muralla Romana de Lugo é a imaxe escollida para un cupón. A primeira vez foi o 28 de agosto de 2001, meses despois de que o principal monumento da nosa cidade fora declarada Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO.

Volveu selo o 30 de novembro do ano 2010, con motivo da conmemoración do décimo aniversario da Declaración. E desta volta, no ano 2013, a Muralla forma parte dunha serie de cupóns adicados ó Patrimonio da Humanidade en España.

Con esta iniciativa que supón a distribución de cinco millóns de cupóns, a imaxe da Muralla Romana de Lugo volverá chegar a todos os rincóns de España.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova