Cargando....
Concello de Lugo
27/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo fixo entrega dos premios aos gañadores do IV Certame Narrativo Xuvenil Entre Iguais


# Xoves, 20/06/2013
Esta mañá tamén tivo lugar unha das reunións do Foro de Igualdade no que acordaron solicitar informes aos clubes deportivos sobre o deporte feminino

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, fixeron entrega esta mañá dos premios do IV Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, que premia ás creación de mozos e mozas en dúas categorías diferentes, de 12 a 14 anos e de 15 a 18 anos.

O obxetivo destas actividades é promover o valor da igualdade entre homes e mulleres dende a infancia para que medren con valores de respeto de cara a ambos sexos. Os premios estan divididos en dúas categorías, na dos máis pequenos, con premios valorados en 200, 100 e 60 euros, e na segunda, cun premio valorado en 250, 150 e 100 euros.

López Orozco sinalou que “o importante é conseguir esa formación da sociedade en igualdade, xa que todos somos iguais e a vez diferentes pero que nunca os motivos que señalan, temos que darnos conta que temos igualdade de dereitos e deberes, a nosa sociedade avanzou moito neste tema pero non debemos quedar durmidos”.

Este certame, como explicou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, creouse para que os mozos e mozas poidan expresar a través da narrativa as súas ideas sobre a igualdade e “este ano sorprendeu ao xurado o alto nivel dos diferentes textos”. Ademais destacou a alta participación nesta edición.

Nesta ocasión os premiados foron:

• Na categoría de 12 a 14 anos.

1º PREMIO
Anxo López Sánchez, co relato de título “Azkar Prone”
2º PREMIO
Adrián Pérez Prado, co relato de título “Malos tempos para as mulleres”
3º PREMIO
Ánxela Jorge Vidal, co relato de título “Cristais rotos”
MENCIÓN DO XURADO
Mauro García Lorenzo, co relato “Luna”

• Na categoría de 15 a 18 anos.

1º PREMIO
Aitana Iglesias Márquez co relato de título “A dama do lapis”
2º PREMIO
Iván Fontela García, co relato de título “A historia de Lucía”
3º PREMIO
Alejandro Martín Aisa, co relato de título “O respeto, o máis importante”


Foro de Igualdade
Esta mañá tamén tivo lugar a reunión do Foro de Igualdade do Concello de Lugo no que se deu conta das actividades que se van realizar como o certame de fotografía e concurso de deseño e analizouse a situación do deporte feminino entre as nenas e mozas na cidade. Para isto chegaron ao acordo de solicitar á Concellería de Deportes e a varios clubes deportivos da cidade para que emitan un informe actualizado sobre o deporte feminino de Lugo.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova