Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá estréase Perseguedores de soños da compañía Pinchacarneiros da Fundación Anade no Auditorio Gustavo Freire


# Xoves, 20/06/2013


Imaxe Asociada
Mañá estréase Perseguedores de soños da compañía Pinchacarneiros da Fundación Anade no Auditorio Gustavo Freire

A comedia, de entrada gratuíta, comeza ás 20:00 horas e garante unha boa dose de sorrisos

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, o Presidente da Fundacion Anade, José Colmenero, e a Delegada en Galicia da Fundación Anade, Ángeles Fernández Maira, presentaron a obra de teatro Perseguedores de soños que mañá venres se estrea en Lugo.

A obra de teatro, escrita polo lucense Lois Pérez, para o grupo de teatro Pinchacarneiros é unha comedia na que se representa unha comunidade especial na que se trafica con soños de liberdade cun importante transfondo social e actual.

A actuación, no Auditorio Gustavo Freire, comeza mañá venres ás 20:00 horas e ten a entrada gratuíta.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova