Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello presenta unha campaña de concienciación para avanzar na reciclaxe de residuos no Casco histórico, que financiará o Plan Urban


# Xoves, 20/06/2013


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concello presenta unha campaña de concienciación para avanzar na reciclaxe de residuos no Casco histórico, que financiará o Plan Urban

Os Concelleiros de Economía e de Medio Ambiente presentaron a iniciativa, consistente no reparto de 4.000 folletos e nunha campaña explicativa que realizarán monitores de educación ambiental

Sonia Méndez destaca que Lino González Dopeso fixo a maior renovación da recollida de lixo e limpeza viaria das últimas décadas en Lugo

O Concelleiro de Medio Ambiente fai un chamamento á colaboración de cidadáns, hostaleiros e comerciantes para manter limpa a cidade

Os Concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, presentaron hoxe unha campaña de concienciación sobre a reciclaxe de residuos que se levará a cabo no Casco histórico de Lugo, con cargo ó Plan Urban, programa que cofinancia ó 80% a Unión Europea, a través dos fondos FEDER.

Sonia Méndez explicou que, logo da instalación de nove illas de colectores soterrados no Casco histórico, as Concellerías de Economía e de Medio Ambiente acordaron dar un paso máis e, para elo, vaise poñer en marcha esta campaña de concienciación sobre o uso correcto dos colectores soterrados de recollida selectiva de lixo, que están situados nos seguintes puntos: Praza do Ferrol, Praza da Soidade, Rúa Teniente Coronel Teijeiro, Rúa Xoan Montes, Rúa Nóreas, Praza do Campo Castelo, Rúa Quiroga Ballesteros e Rúa María Balteira. A súa instalación financiouse en parte con fondos municipais e o resto con presuposto do Plan Urban.

Méndez explicou que, con esta campaña, o Concello propónse fomentar a recollida selectiva de residuos no Casco histórico e, con este obxectivo, o Plan Urban acaba de editar 4.000 folletos informativos sobre a separación de residuos e o uso de cada tipo de colector. Os folletos vanse repartir nos próximos días entre veciños, hostaleiros e comerciantes do Centro histórico.

Esta iniciativa de divulgación medioambiental terá como complemento unha campaña in situ que realizarán, uns días despois, un grupo de monitores, que se situarán xunto ás illas de colectores soterrados para orientar e corrixir malas prácticas na separación e depósito de residuos.  Ademais este equipo de monitores elaborará un informe sobre as incidencias e erros que detecten respecto do depósito do lixo.



Éxito da xestión de Lino González Dopeso 

A Concelleira de Economía destacou que esta campaña de concienciación dá continuidade á actuación levada a cabo dentro do Plan Urban en materia de medioambiente urbano e redución e tratamento de residuos e tamén supón unha nova medida que leva a cabo o Concello en materia de limpeza viaria e recollida de lixo, que experimentou durante o mandato de Lino González Dopeso como Concelleiro de Medio Ambiente “a maior renovación realizada en Lugo nas últimas décadas, tanto por inversión como en modernización tecnolóxica aplicada á limpeza viaria, á recollida do lixo e ornato da cidade”.

Pola súa parte, o Concelleiro de Medio Ambiente fixo un chamamento á cidadanía, ós hostaleiros e comerciantes para que colaboren a manter limpa a cidade, xa que, indicouo “o Concello fixo un gran esforzo e houbo colaboración, por exemplo dos hostaleiros, pero penso que aínda pode haber unha colaboración máis decidida”.

“Se eles se implican na recollida de lixo, o Casco histórico estará impoluto e, se non o fan, por moito esforzo que fagamos dende o Concello sen contar coa colaboración da cidadanía, dos comerciantes e dos hostaleiros, a cidade nunca estará completamente limpa”, reflexionou González Dopeso.

O Concelleiro de Medio Ambiente lembrou que “no ano 2007 produciuse a primeira gran renovación dos medios de recollida e limpeza viaria, que supuxo un investimento de 1,2 millóns de euros en colectores de lixo e máis de 3 millóns de euros en maquinaria de residuos e limpeza viaria”.

Entre as actuacións que se levaron a cabo destacan a implantación de colectores e sistema de recollida mediante camións recolectores de carga lateral, o que permitiu incrementar en máis dun tercio a capacidade de colectores da cidade, a reducción de espazo ocupado por contedores na rúa, unha maior limpeza nos puntos de depósito de residuos e unha maior seguridade nas operacións de recollida.

Posteriormente, nos anos 2012 e 2013 prodúcese a segunda gran modernización do servizo, coa adquisición dos seguintes medios: tres varredoras, con equipo de rego e valdeo, e unha con pala quitaneves para beirarrúas; un camión recolector de carga traseira con grúa, para baleirar os novos colectores soterrados; outro camión recolector de 7,7 m3 para a recollida no Casco histórico, que se presentará nuns días, e tamén se compraron equipos de neve, consistentes en catro carros esparcidores de sal, unha cuchilla quitaneves para camión e un esparcidor de sal para camión ou tractor.

Ademais, implantouse a recollida e reciclaxe de materiais sen custo para o cidadán, como o aceite, residuos eléctricos e electrónicos, mediante a implantación d epuntos de recollida en áreas comerciais, e recollida a domicilio, respectivamente.

E, no relativo ó Casco histórico, no último lustro implantáronse diversos sistemas de recollida diferenciada, para maior comodidade de hostaleiros e comerciantes e unha mellora sensible no ornato e limpeza da cidade:

-Sistema “quita e pon” diario de contedores de lixo, que mellora a imaxe da cidade e a limpeza viaria.
-Ampliación do número de contedores soterrados, para que os cidadáns teñan unha alternativa en horario diurno para o depósito de residuos.
-Recollida porta a porta de papel-cartón ós comerciantes da zona centro.
-Recollida porta a porta de vidro ós hostaleiros.
-Recollida ó mediodía dos residuos a restaurantes e bares da zona centro.
-Adquisición de maquinaria específica, adaptada ás necesidades, dimensións das rúas, sonoridade, etc.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova