Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Ponte romana recén rehabilitada debe converterse nun estímulo para dinamizar un barrio no que o Concello vai facer un importante plan de obras


# Xoves, 20/06/2013


A Ponte romana recén rehabilitada debe converterse nun estímulo para dinamizar un barrio no que o Concello vai facer un importante plan de obras

O Alcalde e o Concelleiro de Infraestruturas reuníronse con veciños e comerciantes do barrio da Ponte e ofreceron a colaboración do Concello nun plan de promoción do monumento

O Alcalde destaca que o barrio da Ponte ten a sorte de contar con dous monumentos e debe sacar rendemento destes atractivos

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, Manuel Chaín, volveronse reunir esta tarde cos veciños e comerciantes do barrio da Ponte para tratar sobre a peonalización da Ponte romana de Lugo.

O Alcalde ofreceulles a veciños e comerciantes a colaboración do Concello para levar a cabo un plan de promoción turística e cultural deste valioso monumento recén rehabilitado, co obxectivo de convertilo nun reclamo para o barrio.

López Orozco destacou que o barrio da Ponte ten a sorte de contar con dous importantes monumentos, a Ponte e as Termas romanas, e, polo tanto, o que se debe facer é sacar partido destes grandes atractivos, de xeito que, o que hoxe parece unha dificultade, se transforme nunha vantaxe para o barrio.
 
Ademais, o Alcalde salientou que o Concello, como xa se anunciou no seu día, ten programado un plan de obras para facer importantes melloras na zona e para facilitar a circulación de vehículos polo barrio, que dispón dunha alternativa para o tráfico rodado, como é a Ponte blanca, así como para o tránsito de persoas a través da pasarela peonil.

Os proxectos de obras deseñados polo Concello para o barrio da Ponte consisten no arranxo da rúa Vella da Ponte, a reordenación do tráfico na intersección da Estrada Vella de Santiago coa Rúa Brétema, a ampliación e acondicionamento do aparcamento situado á entrada da Ponte, a instalación dunha varanda de madeira en Alvaro Cunqueiro e o arranxo da rúa Fermín Rivera, neste caso a través dun convenio de colaboración coa Deputación provincial.

O Concello tamén vai mellorar o servizo de transporte público nesta zona, xa que, como é sabido, no novo plego da concesión do servizo de autobús urbano contémplase o reforzo da comunicación do barrio mediante os buses.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova