Cargando....
Concello de Lugo
06/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión de Contas aproba destinar 2,4 millóns de euros dos remanentes de tesourería a obras, investimentos sociais e de emprego


# Venres, 21/06/2013
 A proposta que se debatirá no Pleno do día 27 inclúe dous proxectos para o Barrio da Ponte 

 A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, informou de que a Comisión de Contas aprobou esta mañá os investimentos para o Barrio da Ponte que ten previsto facer o Concello con cargo ós remanentes de tesourería.

A Comisión de Contas previa ó Pleno municipal que se celebrará o vindeiro día 27 aprobou, cos votos do PSOE e o BNG, destinar 2´4 millóns de euros dos remanentes a un plan de obras e a reforzar as políticas sociais e de emprego do Concello. 

O primeiro dos capítulos permitirá facer un investimento total de 1´5 millóns en obras como a rexeneración do pavimento na rúa Vella da Ponte ou a reordenación do tráfico no cruce da estrada vella de Santiago coa rúa Brétema, ademais doutras destacadas actuacións como son a rexeneración do pavimento nas rondas da Muralla e de Fontiñas, no treito Carril Caíños-Rúa San Xillao, e melloras no saneamento nas Gándaras, concretamente nas rúas Monte Adairo e Pía Paxaro, así como a rexenaración do pavimento en San Salvador de Muxa, a pavimentación do acceso ó núcleo de San Mamede dos Anxos, no treito da Igrexa de Conturiz a San Mamede, o proxecto de estrutura sobre o río Mera, a mellora do céspede e outras obras no campo de fútbol do Ceao, e dous proxectos de mellora da eficiencia enerxética no alumeado público, unha na rúa do Carme e outra na urbanización Bellavista.

Ademais, o Concello vai reforzar con 850.000 euros programas sociais como as axudas ó alugueiro e a emerxencia social e para o fomento do emprego.

Para axudas ó alugueiro de vivenda adícanse 150.000 euros co que este ano a partida triplícase respecto a 2012 chegando a 439.500 euros. Outros 100.000 euros irán destinados á partida de emerxencia social, que duplica o seu importe nese exercizo, ata acadar os 306.000 euros. 

En canto ó investimento en emprego, inserción laboral e formación, o Concello incrementa o presuposto para as axudas a pequenas empresas en 450.000 euros e tamén aumenta en 150.000 euros o diñeiro que adica á mellorar a formación de persoas desempregadas. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova