Cargando....
Concello de Lugo
06/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festiclown encherá de sorrisos e diversión as rúas da cidade o primeira semana de xullo


# Venres, 21/06/2013
 Entre o 3 e o 7 de xullo ademais das máis de 20 actividades tamén se realizarán exposicións solidarias no Uxio Novoneyra e cursos de formación

Imaxe Asociada
 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Coordinador do Festiclown, Manuel Roxos, presentaron o primeiro Festival Internacional de Clown que se celebrará na cidade o primeira semana de xullo.

Do 3 ao 7 de xullo as pedras da zona vella de Lugo empaparanse coas risas do público de todas as idades que poderá ver a compañías de alto nivel internacional como Capitán Maravilla (Madrid), Os Sete Magníficos máis Un (Galicia), Ale Risorio (Arxentina), o flamante gañador do Certamen Intergaláctico do Festiclown Multisede Rivas Peter Punk (Galicia), Wilbur (Málaga), Kanbahiota Trup (Rivas Vaciamadrid) ou Pablo Superstar (Talavera), entre outras. 

Carmen Basadre explicou que “nesta época que vivimos é moi importante que profesionais do clown nos saquen un sorriso polas rúas e que nos paremos a desfrutar os diferentes espectáculos que nos poderemos atopar pola rúas e prazas da cidade”. Máis de 20 actividades todas elas gratuítas, agás os cursos, formarán parte deste programa no que ademais haberá cursos de Formaclown.

Por outra parte, o coordinador do Festiclown, Manuel Roxos, “explicou que o nivel deste festival é moi alto xa que contará coa presentacia de clowns chegados de diferentes zonas de España e que traballan nos festivais máis destacados”. Festiclown é unha referencia indiscutible no panorama estatal no que a circo e artes escénicas se refire. 

Ademais, e como non pode ser doutro xeito, ás actuacións nas rúas e prazas da cidade súmase o apartado formativo, con dous cursos Formaclown a cargo de Pablo Muñoz (maxia cómica) e do lugués Fran Rei (clown). A toda esta programación hai que engadir outra das compoñentes fundamentais do Festiclown, o apartado solidario.

Neste sentido, unha actuación na Casa Clara Campoamor con Fran Rei para usuarios e familiares da Asoc AFALU, unha exposición sobre o 'Festiclown Palestina' e a proxección do documental 'Mares de risa' gravado durante o Fisahara 2012 na que participou Iván Prado, Festiclown e a Asociación de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía cunha caravana de pallasos o pasado ano.

Programa do Festiclown


Dous son compañía con 'Animación clown' 
Mércores 12:30 h. na Rúa da Raíña e rúas próximas

Integrado polos cómicos Pedro Brandariz e Fran Rei, o grupo de teatro de rúa Dous son Compañía formouse en 2005 co obxectivo de sacar o clown ás rúas e prazas galegas. Especializada en animacións, esta compañía crea sinxelos espectáculos itinerantes nos que a improvisación, a interacción co público, a provocación e a inmediatez son as protagonistas. 


Peter Punk con 'Peter Punk e a Chungatrona' 
Xoves 4 ás 21:00 h. na Praza do Campo | Domingo 7 ás 12:30 h. no Campo Castelo | Domingo 7 ás 18:30 h. na Praza Maior

O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo titulado "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de Nunca Máis, Peter Punk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público -que fará parte imprescindible deste novo espectáculo- pedaleando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer.

Os Sete Magníficos máis Un con 'O gordo e o calvo van ao médico' 
Xoves 4 ás 22:30 h. na Praza Maior

Unha aloucada serie de situacións e personaxes en grao sumo ridículos e divertidos en busca da gargallada do público. O Gordo e o Calvo Van ao médico é romper co mito da seriedade do medicamento, co academicismo dos doutores e das doutoras, coa solemnidade das salas de espera, co pavor ao bisturí, coa superficialidade da cirurxía estética...

Capitán Maravilla con 'Mono A Mono B' 
Venres 5 ás 21 h. na Praza do Campo | Sábado 6 ás 22:30 na Praza Maior

'Mono A Mono B*' é un espectáculo indescriptible da compañía Capitán Maravilla, creada pola fusión entre David Morales e Víctor Ortiz de la Torre e que atesoura premios coma o do TAC de Valladolid, entre outros moitos. 'Mono A Mono B' que tén como protagonistas a dous monos e aos seus “sketchs” persoais e que de seguro impactará en todo o público.

Kanbahiota Trup con 'Vaia Circo' 
Venres 5 ás 22:30 na Praza Maior 

Tres personaxes, un Circo que hai que sacar adiante sen trapecistas, malabaristas, acróbatas, equilibristas… Serán as nosas tres personaxes as que, en clave de humor, terán que sacar a función a termino superando infinidade de problemas. Un show de 50 minutos con elementos realmente novidosos e espectaculares: aéreos, portes coreanos, mástil chinés, aro cyr, portes, clown e moitos outros. 


Ale Risorio con 'Alegrativo en comprimidos'
Sábado 6 ás 17 h. na Rúa da Raíña | Sábado 6 ás 21 h. na Praza do Campo 

Ale Risorio presenta este espectáculo unipersoal de humor e idioma universal. Un clown inocente, mordaz e irreverente, mestre da tontería e o absurdo que, a través da súa personaxe sutilmente delineada -con imaxe e son cartoon- e a intelixente interacción co público crea sorprendentes situacións cómicas.

Pablo Superstar con 'Pablo Superstar Cool' 
Venres ás 17h na Rúa da Raiña e Domingo ás 17 h. na Praza Maior 

Despois do éxito de Pablo Superstar "A historia máis grande xamais contada" chega: Pablo Superstar Cool. Desta volta, Pablo Muñoz ofecerá unha lección maxistral de como debe comportarse un "Superstar" no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público. Con este espectáculo, creado e escrito por Iván Prado e Pablo Muñoz, enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e ata situacións de escapismo imposible. 

Wilbur con 'Wilbur' 
Sábado 6 ás 12:30 h. no Campo Castelo 

Wilbur é un espectáculo de circo cheo de acrobacias, humor e risco, moito risco; a única maneira na que Wilbur sabe vivir.  Wilbur: un espectáculo que, de seguro, impactará o público (literalmente). Esta creación da compañía 'Capitán Maravilla',  David Morales e Víctor Ortiz de la Torre, non para de colleitar éxitos tanto a nivel estatal como internacional. 

Pasarrúas percusión - clown 
Mércores 3 de xullo ás 19 e 21 h. | Xoves 4 ás 12.30, 17 e 18.30 h. 

4 percusionistas - clown e 2 artistas de circo (pallasos) farán rir e animarán a participar ao público nas diferentes actividades incluídas no Festiclown 2.0 Multisede - Lugo. Pasarrúas cheos de ritmo e cor cunha trup de Percusiosionistas-clown do máis disparatados.

Apartado solidario
Espocisións, proxeccións e actuacións formarán parate do Apartado Solidario do Festiclown Multisede de Lugo

Fran Rei con 'A historia de Brancaflor'
Mércores 3 ás 18 h. na Casa Clara Campoamor (actuación en colaboración coa Asociación Afalu para persoas usuarias e familiares).

As mellores historias son sempre as que están sen escribir, sen ler, sen contar. Aquelas nas que aínda está por crear o final, o inicio, a trama, as personaxes... pero, sobre todo, as mellores historias son as que poden saír do maxín dos nenos e nenas.
Un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González. A través da maxia e do clown contase a lenda de Brancaflor. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse con cadanseu xogo de maxia e ela terá que seleccionar o seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos.

Proxección do documental 'Mares de risa'
Xoves 4 ás 18 h. na Casa do Saber 

Nesta produción audiovisual de Pallasos en Rebeldía e Nobody Films Productions poderemos adentrarnos na faceta máis solidaria do Festiclown e Pallasos en Rebeldía ollando como ambas as dúas entidades tiveron representación como convidadas no Festival de Cinema do Sahara, Fisahara 2012.

Exposición 'Festiclown Palestina'
Do xoves 4 ao domingo 7 no C.S. Uxío Novoneyra de 10 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.

Durante a 1ª quincena de Setembro de 2011 40 artistas de distintos países romperon o valado do silencio e a vergoña que cobre Palestina de terror e de morte.

Jorge Gareis, Miluka Suriñach e Fernando Lema foron os ollos e as lentes dos máis de 100 espectáculos e obradoiros que este exército de soñadores, capitaneado por Pallasos en Rebeldía, representou para os preto de 100.000 palestinos e palestinas de Cisxordania.

Desta experiencia xurdiron dous dos traballos desta exposición: 'Festiclown en tempos de guerra' e 'Palestina tén nome de muller', que recollen momentos e emocións dun evento único na historia de clown e o circo, o Festiclown Palestina.

O terceiro proxecto é unha mirada en solitario de Miluka Suriñach durante os traballos de dirección de Ivan Prado enla Palestinian Circus School cos 'Yenin Boys' baixo o título 'Auga, dor e esperanza'. Esta obra constitúe un achegamento valente da autora á dor que padecen os creadores palestinos á hora de expresar en arte a súa realidade cotiá, á vez que retrata a forza da esperanza que nace de facer circo con conciencia e ao problema do auga en Palestina baixo a ocupación israelí.


Formaclown

Curso de Maxia Cómica (Pablo Muñoz) 
Sábado 6 no C.S. Uxío Novoneyra das 10:00 ás 14:00 h e das 16:30 ás 20:30 h
Idioma: español
Número máximo de alumnos/as: 15 (non se require experiencia previa)
Prezo: 60 € (*Desconto do 15% en caso de facer os 2 cursos)

Neste curso de maxia cómica, Pablo Muñoz abordará a aprendizaxe e práctica de sinxelas rutinas máxicas: presentación e realización de xogos de maxia buscando a súa comicidade, procura darroba nosarroba clown – magarroba a través de dinámicas e gags máxicos con cordas, panos e outros elementos, xogos de complicidade cos compañeiros e co público... O obxectivo último do curso é poder utilizar a maxia como unha ferramenta máis nos espectáculos de humor.

Curso de Clown (Fran Rei) 
Domingo 7 no C.S. Uxío Novoneyra das 10:00 ás 14:00 h e das 16:30 ás 20:30 h  
Idioma: galego.
Número máximo de alumnos/as: 15 (non require experiencia previa)
Prezo: 30 € (*Desconto do 15% en caso de facer os 2 cursos)

Neste curso buscaremos arroba nosarroba clown, tentando atopar o noso estilo persoal de desfrutar sendo ridícularrobas. Descubriremos que noso propio ridículo é unha das ferramentas cómicas máis poderoas que existen e, a través de diferentes xogos de desinhibición e exercicios de habilidades estúpidas, e sempre buscando o pracer, como arrobas nenoarrobas cando xogan, iremos atopando onde está a nosa comicidade e arroba nosarroba clown. O obxectivo último será descubrir ese ridículo e aprender a recorrer a el conscientemente, divertíndose e, sobre todo, divirtindo ao público.

Máis información na web www.festiclown.org

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova