Imprimir

XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PRÓXIMO CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA


21/6/2013  As inscricións poderanse facer no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra ata o mércores 17 de xullo

A Escola Municipal de Música do Concello de Lugo xa abriu o prazo para que todas aquelas persoas que teñan interese se poidan inscribir para o próximo curso 2013/2014 ata o 17 de xullo.

En total son 150 novas prazas de creación e que ocuparán os novos espazos que se están acondicionando. Este proxecto de ampliación da Escola municipal de Música permitirá dispor de tres novas aulas das seguintes dimensións: 29,13 metros cadrados, 34,30 metros cadrados e 38,25 m2. As obras que se realizarán durante os meses de verán que non hai cursos supuxo un investimento de 48.690 euros e facilitará a ampliación da Escola do curso que vén. Actualmente reciben formación preto de 400 alumnos que se verán incrementados para o próximo curso con estas 150 prazas máis.

Entre as materias que se imparten, tanto a nenos como a adultos, figuran ensinanza da linguaxe musical e instrumentos sobre todo de vento e percusión (frauta, clarinete, saxofón, fagote, gaita, percusión tradicional, entre outros).

Os horarios de matrícula serán os luns e martes de 09.30 a 13.30 e os mércores e xoves de 15.30 a 19.00 horas, no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra.