Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Escola infantil da Piringalla celebran o fin de curso coa asistencia do Alcalde e da Concelleira de Educación


# Venres, 21/06/2013
 

Imaxe Asociada
 O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, participaron este venres na festa de fin de curso da Escola Infantil Municipal da Piringalla.

A festa celebrouse esta tarde no salón de actos do Centro de Convivencia de Fingoi e comezou cun discurso de benvida a cargo das titoras das aulas de 2 a 3 anos. Deseguido houbo unha actuación que estivo a cargo dos nenos e nenas e tamén se proxectou un vídeo con fotos dos pequenos que pasaron polo centro.

No acto tamén lles foron entregados ós alumnos os diplomas e colocáronselles as bandas e birretes como símbolo da súa “graduación” na Escola Infantil.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova