Imprimir

A ESCOLA INFANTIL DA PIRINGALLA CELEBRAN O FIN DE CURSO COA ASISTENCIA DO ALCALDE E DA CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN


21/6/2013  

 O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, participaron este venres na festa de fin de curso da Escola Infantil Municipal da Piringalla.


A festa celebrouse esta tarde no salón de actos do Centro de Convivencia de Fingoi e comezou cun discurso de benvida a cargo das titoras das aulas de 2 a 3 anos. Deseguido houbo unha actuación que estivo a cargo dos nenos e nenas e tamén se proxectou un vídeo con fotos dos pequenos que pasaron polo centro.

No acto tamén lles foron entregados ós alumnos os diplomas e colocáronselles as bandas e birretes como símbolo da súa “graduación” na Escola Infantil.