Cargando....
Concello de Lugo
20/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo tramitou máis de 250 solicitudes de legalización de construcións anteriores ao 2003


# Mércores, 26/06/2013
A Xunta de Goberno Local aprobou a ruína técnica de 3 edificacións situadas nas rúas Santo Antonio e Estrada Vella de Santiago

Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobou a declaración de situación legal de fóra de ordenación total a 15 construcións de diferente tipoloxia e que non dispoñían de licenza previa. Esta aprobación está motivada pola modificación da Lei do Solo de Galicia do ano 2010, no que se abriu un periodo transitorio para que as persoas que tivesen edificacións sen licenza solicitasen a súa legalización.

O Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, destacou que “o Concello tramitou preto de 260 solicitudes que se acollen a esta normativa e que se irán aprobando, se corresponde, ao longo das próximas semanas, co que se pasarán a denominar construcións en situación legal pero fóra de ordenación”. Neste tipo de construcións,  a lei permite tarefas de mantemento pero en ningún caso obras de ampliación. Por outro lado permite que a actividade que se desenvolve nesas edificacións poidan ter licenza de actividade correspondente.

A Xunta de Goberno tamén  aprobou a declaración de ruína técnica de dous edificios na rúa Santo Antonio con números 10 e 14, e nos números 59-61-63-65 da Estrada Vella de Santiago, debido, en todos os casos, ao mal estado de conservación dos inmobles que deberán presentar un proxecto técnico de demolición.

Outro dos temas aprobados foi a contratación dun servizo de limpeza e desinfeción rutinaria dos depósitos de almacenamento de auga de consumo humano cun presuposto de 27.830 euros con ive incluido.

Luis Álvarez tamén informou que se tomou razón de varias sentenzas, nas que se declara a conformidade a dereito da resolución obxecto de recurso e que impón as custas á parte demandante. Estas catro sentenzas identicas son relativas á Xunta de Compensación do sector urbanístico 1 “Norte-B”, no que no seu momento dúas empresas presentaron recursos contra acordos de dita Xunta de Compensación ao entender que as cotas de urbanización non debían ser aboadas. Presentaron o recurso ante o Goberno Municipal que o desestimou e recurriron ao Xulgado Contencioso-Administrativo que en dous casos lle dá a razón ao Concello ao considerar que as cotas están ben xiradas, e as outras dúas non foron admitidas.

A Xunta de Goberno tamén acordou iniciar o precedemento de revisión de oficio de catro actos administrativos motivados por silencio administrativo e que se refiren ás reclamacións presentadas no seu momento por catro membros do corpo de bombeiros do Concello de Lugo. Luis Álvarez explicou que “obtiveron mediante sentenza o dereito á percepción dunha cantidade que se lles foi aboada, e esa mesma sentenza abría a posibilidade de que o Concello revisase de oficio ese acto” ademais “entendemos que estes intregrantes xa percibiran a retribución correspondente con días de descanson que desfrutaron polo que estarían percibindo unha retribucion doble polo mesmo traballo”. Así, tomouse o acordo de enviar ao Consello Consultivo de Galicia eses catro expedientes para que esa entidade autorice a administración local para iniciar a revisión de oficio que, en todo caso, terá un carácter vinculante para o Concello.

Finalmente, tamén se acordou iniciar expedente de resolución da autorización para a concesión de dominio público coa instalación de casetas e caldeiros de polbo, durante as festas do San Froilán, pola falta de pagamento en prazo das correspondendes taxas ós titulares da caseta e caldeiro 2, da caseta 3, do caldeiro 3, e da caseta e caldeiro 5. Neste sentido, acordouse abrir un trámite de audiencia polo prazo de 10 días hábiles para a presentación de alegacións.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova