O CEI informa ós emprendedores sobre os programas de fomento de emprego en empresas de economía social e de fomento do cooperativismo
# Xoves, 27/06/2013
Ata o día 19 de xullo está aberto o prazo de solicitude para os tres programas convocados pola Xunta
A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, organizou hoxe, no salón de actos do CEI-NODUS, unha sesión informativa sobre os programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo, convocados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia no DOG do pasado 19 de xuño.
Os técnicos do CEI-NODUS, explicaron ós asistentes cales son as características (beneficiarios, requisitos, documentación, prazos e cuantias das axudas) dos tres programas convocados: fomento do emprego, fomento do acceso á condición de socio/a e impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.
O prazo xenérico de presentación de solicitudes, rematará o vindeiro 19 de xullo. As persoas interesadas en ampliar a información, poderán poñerse en contacto cos técnicos do CEI-NODUS, no teléfono 982 29 74 68.
Compartir: