Imprimir

O CEI INFORMA ÓS EMPRENDEDORES SOBRE OS PROGRAMAS DE FOMENTO DE EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL E DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO


27/6/2013 Ata o día 19 de xullo está aberto o prazo de solicitude para os tres programas convocados pola Xunta

A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, organizou hoxe, no salón de actos do CEI-NODUS, unha sesión informativa sobre os programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo, convocados pola  Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia no DOG do pasado 19 de xuño.
 
Os técnicos do CEI-NODUS, explicaron ós asistentes cales son as características (beneficiarios, requisitos, documentación, prazos e cuantias das axudas) dos tres programas convocados: fomento do emprego, fomento do acceso á condición de socio/a e impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.

O prazo xenérico de presentación de solicitudes, rematará o vindeiro 19 de xullo. As persoas interesadas en ampliar a información, poderán poñerse en contacto cos técnicos do CEI-NODUS, no teléfono 982 29 74 68.