Esta mañá presentouse un novo vehículo de recollida de basura especial para as rúas do casco histórico
# Xoves, 27/06/2013
Esta nova adquisición forma parte dunha serie de melloras levadas a cabo polo Concello de Lugo para mellorar o sistema de reciclaxe no centro
Dende hoxe o Concello de Lugo conta cun novo camión para recoller basura que está pensado para desenvolver a súa labor nas estreitas rúas do casco histórico. Asi, o presentaron esta mañá o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso.
O vehículo presentado é un camión recolector de 7,7 m3, para a recollida no Casco Histórico, e que ten un peso e tamaño menor que os que se estaban usando polo que resultará máis facil facer maniobras nas rúas do centro. O vehículo tivo un custe de 82.000 euros.
Esta nova adquisición forma parte dunha segunda modernización do servizo de limpeza que se levou a cabo nos anos 2012 e 2013 e nos que se mercaron 3 novas varredoras, con equipos de rego e valdeo, e unha con pala quitaneces para beirarrúas; 1 camión recolector de carga traseira con grúa, para baleirar os novos colectores soterrados, e diferente equipación para a neve como son 4 carros esparcidores de sal, unha cuchilla quitaneves para camión e 1 esparcidor de sal para camión ou tractor.
Ademáis no Casco Histórico tamén se implantaron diversos sistemas de recollida diferenciada, para maior comodidade de hostaleiros e comerciantes o que conleva unha mellora sensinble na limpeza da cidade. Así, tamén se instalou un sistema de “quita e pon” diario de contedores de lixo e ampliouse o número de contedores soterrados que dan unha alternativa en horario diurno ao cidadáns que queiran depositar os seus residuos.
Compartir: