Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco anuncia a próxima publicación da convocatoria para seleccionar un socio privado para a empresa mixta da auga


# Xoves, 27/06/2013
O Alcalde de Lugo tamén agradeu o esforzo e o traballo realizados polo Concelleiro de Medio Ambiente ao longo destes anos

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou esta mañá que a constitución dunha empresa mixta para levar o ciclo da auga está practicamente consumada. No acto no que tamén estiveron os Concelleiros de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, deron a coñecer que nas próximas semanas se convocará o prego de clausulas no que se indicará o proceso de selección dun socio privado para a constitución da empresa mixta da auga.

López Orozco salientou que “Lino González marcha hoxe pero faino deixando pechado o último reto que se plantexara que é a creación dunha entidade mixta que xestione todo o ciclo da auga”. Ademais lembrou que “cando se acabe a terceira fase de mellora na rede de abastecemento da cidade, ademais da zona urbana, todos os nucleos rurais van poder dispoñer dun auga de calidade inmellorable”.

Neste mesmo sentido, Sonia Méndez, indicou que os servizos económicos do Concello están traballando para iniciar o procedemento para seelección dese socio que formará parte desa sociedade de economía mixta.  A Concelleira de Economía, adiantou que será un procedemento aberto no que se busca un socio que teña experiencia en xestión do ciclo integral da auga e “ao que se lle vai a esixir unha solvencia especial e técnica, para que sexa capaz de aportar os coñecementos técnicos especializados dos que o Concello non dispón, e para que nos axude a mellorar en calidade ambiental ou en materia de innovación tecnolóxica.”

O que se busca é unha empresa especializada que proporcione, por exemplo, as súas aplicacións informáticas, o seu asesoramento na xestión de clientes, apoio en proxectos de enxeñería en procesos de tratamento da auga, que ofreza o seu I+D na calidade e na reutilización da auga e en algo tan importante actualmente como é a eficiencia enerxética. Neste sentido tamén avanzaron que para darlle a maior difusión posible e que a maior transparencia se vai publicar no Diario da Unión Europea para que poidan concurrir as mellores empresas.

Ultimado o cadro de finanzamento que acredita que a sociedade é viable dende o  punto de vista económico segundo os técnicos do servizo de Economia, vaise proceder a convocar o concurso este verán para constituir definitivamente a empresa de economia mixtta.

Pola súa parte, Lino González Dopeso, insistiu en que “dende o Concello buscamos a excelencia na calidade da auga polo que traballamos duro e coa que se busca un  modelo de xestión que combina e tamén asegura a calidade no suministro da auga, a protección do medio ambiente e que abarata costes.”

Unha vez aprobada a Memoria e os Estatutos da Sociedade polo Pleno e tomada a decisión de que a xestión do ciclo da auga se levará a cabo a través dunha sociedade de economía mixta cunha participación 74% do capital do Concello e seleccionarase un socio privado que participará nun 26% da sociedade mixta.O socio suscribirá 3.500.208 participacións sociais de 1 €.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova