A Concellería de Deportes anuncia que as piscinas municipais exteriores abren este domingo día 1 de xullo
# Venres, 28/06/2013
A cidade de Lugo contará con 56 representantes nos X Xogos do Eixo Atlántico
Dende a Concellería de Deportes informan que as piscinas municipais de verán abren as súas portas o próximo domingo 1 de xullo. O horario do baño será de luns a venres de 12:00 a 20:30 horas, mentras que os sábados e domingos abrirase ás 12:00 e pecharase ás 20:00 horas.
Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán están establecidos en 1 euro a entrada e 10,80 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas ata 15 anos. Para os adultos, de 16 anos en adiante, a entrada terá un custo de 2,20 euros, o abono de 15 baños de 22,30 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 11,10 euros. Por outra banda os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29,90 euros o de 15 baños e de 59,10 o de 30 baños.
Os horarios das diferentes piscinas quedaría así:
PISCINA CLIMATIZADA DE FRIGSA
• Pechada no mes de Agosto
• Apertura 1 de Xullo
o Horario Xullo
De Luns a Venres de
• 08:00 a 14:00 (saida auga 13:30)
• 16:00 a 22:00 (saida auga 21:30)
o Horario Setembro:
De Luns a Venres de 08:00 a 22:00 (saida auga 21:30)
Sábados de
• 10:00 a 14:00 (saida auga 13:30)
• 17:00 a 20:00 (saida auga 19:30)
• Domingos de 10:00 a 14:00 (saida auga 13:30)
PISCINAS EXTERIORES
• Meses de Xullo e Agosto
o Horario:
De Luns a venres de 12:00 a 20:30
Sábados e Domingos de 12:00 a 20:00
PISCINA PEDREIRAS
• Aberta mes de Agosto
o Horario habitual
Luns a Venres de
• 08:00 a 14:30 (saida auga 14:00)
• 16:30 a 23:00 (saida auga 22:30)
Sábados de
• 10:00 a 14:00 (saida auga 13:30)
• 18:00 a 21:00 (saida auga 20:30 )
• Pechada no MES DE XULLO
X Xogos do Eixo Atlántico
A cidade de Lugo participan na X Xogos do Eixo Atlántico cunha representación de 56 deportistas que se celebran entre o 30 de xuño e o 4 de xullo na cidade portuguesa de Guimaräes, que ademais foi designada como Cidade Europea do Deporte.
Desta maneira, un total de 23 cidade portuguesas e galegas participan nesta edición con preto de 1.500 deportistas que competirán en diferentes categorías como o fútbol, baloncesto, voleibol ou atletismo.
No aspecto deportivo, no equipo de fútbol-8 que representa a Lugo cruzarase na primeira ronda cos equipos Barcelos, Vila Real, e Macedo de Cavaleiros. En baloncesto masculino co Famaliçao e Vila Reak e no baloncesto feminino o equipo lucense enfrentarase ao Pontevedra, Santiago, Ourense e Guimaräes. Tamén acudirán a esta edición dos Xogos un grupo de atletas formado por 18 deportistas que participaran nas modalidades de cross e pista.
Compartir: