Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Representantes dun Centro de Investigación da India eloxian as modernas instalacións de tratamento da auga de Lugo


# Venres, 28/06/2013
O Alcalde e o Concelleiro de Infraestruturas acompañaron ós dous profesores da Anna University de Chennai, que están en Lugo nunha visita organizada en colaboración coa USC

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, Medio Ambiente e Zona Rural, Manuel Chaín, acompañaron esta mañá a dous representantes dun Centro de Investigación da India que efectuaron hoxe unha visita ás modernas instalacións de tratamento da auga do Concello de Lugo.

O Alcalde e o Concelleiro déronlles a benvida ós dous profesores do Centre for Water Resources da Anna University de Chennai (India), Arunbabu Elangovan e Ramji Vaidhyanathan, durante a súa visita á Estación de Tratamento de Auga Potable, que, os dous expertos calificaron de “fantástica” e tamén adicaron eloxios á cidade de Lugo.

Logo de percorrer as instalacións da ETAP,  tamén foron visitar a Estación Depuradora de Augas Residuais e os tanques de tormenta.

Este percorrido polas instalacións do Ciclo Integral da Auga do Concello forma parte do programa dunha visita organizada en colaboración co Grupo de Investigación “Proxectos e Planificación” (GI-1716) dirixido polo profesor Carlos J. Álvarez López, encadrado dentro do Programa de Excelencia Investigadora entre a India e a Universidade de Santiago de Compostela (PEIN).

O Centro de Investigación do que forman parte os dous profesores da India realiza investigacións e estudos relacionados coa xestión da auga, abarcando traballos sobre o regadío de diversos cultivos, en especial o arroz, así como a búsqueda de solucións para minimizar os problemas de disponibilidade de auga para uso urbano.

Os dous profesores da Anna University de Chennai xa levan varios días en Lugo e permanecerán aquí ata o vindeiro día 7 de xullo. Ademais das instalacións do Ciclo Integral de Auga do Concello de Lugo tamén teñen visitado nestes días outros lugares de interese como a Comunidade de Regantes Río Miño-Pequeño, así como diversas infraestruturas hidráulicas ou relacionadas coa hidroloxía situadas en distintos puntos da provincia como o Embalse de Belesar, o Porto de Ribadeo ou o Pedregal de Irimia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova