Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá abrirase o prazo de solicitude das subvencións para asociacións que convoca o Concello


# Mércores, 03/07/2013
O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá reunirase o luns coas asociacións

A Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá, que dirixe Manuel Núñez, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio das bases que regulan a concesión de axudas e subvencións a asociaciacións de carácter veciñal, educativo, profesional e de medio ambiente, logo de que xa foran publicadas no Boletín Oficial da Provincia.

Unha vez cumprido este último trámite, mañá, día 4 de xullo, abrirase o prazo para a presentación das solicitudes para optar a estas subvencións, que se prolongará ata o día 3 de agosto.

En total, a Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá adica este ano 48.000 euros á convocatoria de subvencións a asociacións para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral en réxime de concorrencia competitiva.

O importe máximo das subvencións é de 3.000 euros e establécese como data límite para a presentación da documentación e as facturas xustificativas o día 30 de novembro.

O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, ten previsto reunirse o vindeiro luns, día 8, coas asociacións para explicarlles as bases desta convocatocia e clarexar calqueira dúbida que puidera xurdir.

Este ano as bases inclúen algunhas novidades no baremo, xa que se vai primar o interese do proxecto en temas sociais e de saúde, de atención a maiores e, tamén, a desempregados e tamén se aumenta a puntuación ás entidades que teñen locais propios, polas necesidades de lles supón o seu mantemento, necesidades ás que non teñen que facer fronte as asociacións que utilizan instalacións cedidas polo Concello ou por outro tipo de institucións.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova