Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A terceira excursión do plan turístico Terras da Auga e Cultura terá lugar este domingo 7 de xullo e visitará Santalla de Bóveda e San Pedro de Mera


# Mércores, 03/07/2013
Os interesados poderán inscribirse ata o sábado 6 ás 14.00 horas na Oficina Municipal de Lugo ou na Concellería de Cultura

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 6 para a terceira excursión organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta nova actividade terá lugar o próximo domingo 7 de xullo.

Esta terceira visita guiada levará aos participantes ás parroquias lucenses de Santalla de Bóveda e San Pedro de Mera. O percorrido será dende a aldea de Bóveda, na que se visitará o Templo Tardorromano, visitarase a aldea de Cabanas, a través da ruta do Vello Lugo Agrario, o  muíño, igrexa e pazo de Bacurín e pasearase polo Camiño Primitivo de Santiago.

O xantar será no mesón de Crecente que ofrecerá un varios menús con prezos especiais para os excursionistas. Xa pola tarde realizarase un percorrido polas distintas aldeas de San Pedro de Mera.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (altura Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase levar auga, o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos. Pódese levar comida e bebidas propias.

Son visitas gratuítas e para a deste domingo, os interesados poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 6 de xullo a través do 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova