Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aprobou presentar unha denuncia ante a Fiscalía polas declaracións do Concelleiro do PP Antonio Ameijide


# Mércores, 03/07/2013
O Voceiro do Goberno Local sinalou que “non se pode permitir que ninguén calumnie nin ao Concello como institución nin aos funcionarios”

Imaxe Asociada
Tamén se aprobou un trámite de audiencia á empresa encargada do servizo de mantemento das zonas verdes para a incorporación de dúas novas áreas en Garabolos e nas zonas de enlace con Fomento

A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá acordou presentar unha denuncia ante a Fiscalía da Audiencia Provincial, as declaracions do concelleiro do Partido Popular, Antonio Ameijide, e encargar á asesoría xuridica a tramitación de dita accion legal, segundo deu a coñecer o Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez.

Álvarez tamén explicou que “esta acción está motivada porque dende o Goberno Local entendemos que as palabras son unha calumnia a toda a institución municial e a todas aquelas persoas que a forman como son os funcionarios”. Neste sentido, indicou que varios funcionarios municipais trasladaron a conveniencia de presentar estra denunia posto que se sinten calumniados no seu traballo.

O Voceiro de Goberno destacou que “o grupo municipal do Partido Popular é coñecedor da sentenza sobre o servizo do sistema ORA, polo tanto, sabe tan ben coma nós que nin o Concello nin os funcionarios podemos facer nada ao respecto ata que a xustiza non se pronuncie” e incidiu que “entendemos en que o señor Ameijide está mentindo deliberadamente para poñer en dúbida o funcionamento do Concello”.

O Concello deu todos os pasos necesarios para executar a sentenza ditada en xullo de 2012 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pero o Xulgado do Contencioso acordou suspender a execución do fallo do TSXG mentres estuda un recurso presentado pola empresa Doal.

Neste sentido, Luis Álvarez, sinalou estar sorprendido pola covardia de Jaime Castiñeira xa que “ante os temas conflictivos en lugar de enfrontalos pon aos seus compañeiros que contan con menos experiencia”. Ademais sinalou que a gran diferenza entre o equipo de goberno e o grupo municipal do PP é que “nós estamos protexidos por un capitán de navío pero eles van á deriva porque a persoa que os está dirixindo non ten nin o título de patrón de pesca menor”.

Asuntos XGL
Na Xunta de Goberno Local tamén se acordou conceder un trámite de audiencia, previo á aprobación da modificación do contrato do servizo de mantemento, mellora e conservación das zonas verdes públicas, consistente na incorporación de dúas novas áreas, unha en Garabolos con 25.064,25 m² e a superficie das zonas de enlace con Fomento de 251.391,35 m². O prezo a aplicar é de 0,90 m² polo que o prezo máximo desta modificación ascende a 248.810,40 euros anuais a partir do 1 de xaneiro de 2014.

Tamén se acordou remitir o expedente ao servizo de Intervención para a acreditación do non incremento de custo en persoal deste proceso extraordinario de funcionarización do Concello de Lugo para a convocatoria 128 prazas a través dun sistema de selección para o proceso de funcionarización de concurso-oposición.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova