Imprimir

O CONCELLO REALIZA CON ÉXITO UN SIMULACRO DE INCENDIOS NAS ESCOLAS INFANTIS DE SERRA DE OUTES E GREGORIO SANZ


4/7/2013

O Concello de Lugo levou a cabo durante a mañá de hoxe un simulacro de incendio nas escolas infantís Serra de Outes e Gregorio Sanz dentro dun plan de autoprotección que ten como obxetivo coñecer os edificios e as súas instalacións, garantir a fiabilidade dos medios de proteción dispoñibles e das instalacións xerais, evitar as causas de orixen de emerxencias e de dispoñer de persoal organizado e formado que garantice a eficacia nas accións a emprender para o control das emerxencias.

Nos simulacros participaron en total 61 nenos e nenas e 10 adultos por cada unha das escolas infantis e dispúxose da axuda dos bombeiros municipais, da Policia Local e de Protección Civil.