Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O MIHL acolle a exposición Genocidio, Paisaje, Memoria do prestixioso fotógrafo Simon Norfolk


# Xoves, 04/07/2013
A exposición na que colabora o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) da Coruña poderase visitar ata outubro e recolle 65 imaxes de diferentes conflictos bélicos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
López Orozco salientou a impresión que causan algunha das imaxes nas que se mestura a beleza da imaxe coa crudeza das guerras

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañados pola Directora do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) da Coruña, Carmen Fernández Rivera, e o Comisario da Exposición, Xosé Garrido, presentaron a exposición Genocidio, Paisaje, Memoria do destacado fotógrafo Simon Norfolk.

Esta exposición que se poderá ver na sala de exposicións temporais do Museo Interactivo da Historia de Lugo, está composta por 65 imaxes pertencentes a cinco series fotográficas que forman parte dun proxecto chamado Et in Arcadia ego. As fotografias, realizdas tras os atentados do 11 de setembro de 2001, ofrecen unha mirada reflexiva sobre a decadencia e o desmoronamento dos imperios, sobre os lugares en conflicto e os espazos devastados pola guerra.

López Orozco destacou que se trata dunha exposición moi importante para a cidade é que vai sorprender aos visitantes do MIHL porque mesturan a beleza das imaxes coa crueldade que nace das guerras e conflictos. Pola súa parte, Carmen Basadre, sinalou que “algunha das imaxes pon a pel de galiña e pensamos que tamén é unha forma de recoñecer a historia actual e a barbarie que podemos cometer os seres humanos”.

Desta maneira, plásmanse en imaxes as paisaxes resultantes da brutalidade e barbarie da actividades bélica a través do campos de batalla, de cidades arrasadas e de desfeitos dispersados pola guerras. As cinco series están adicadas a documentar o devastado paisaxe polos conflictos de Afganistán, Bagdad, Bosnia, Beirut e Israel/Palestina, xerando un discurso que axude á construción dunha conciencia que reflexione sobre os conceptos de historia e memoria.

A obra de Simon Norfolk caracterízase por ter a paisaxe como tema principal e desenvolver unha meticulosa técnica basada na obtención de imaxes coa tradicional cámara de placas. As súas imaxes mostran paisaxes de espazos desolados ou arrasados pola acción bélica do home, son escenas que encerran a capacidade de integrar elementos sensibles e desgarradores con esceas cheas de dramatismo e beleza que amosan a destrución e representan o eco da morte.

A exposición estará aberta ao público de martes a domingo entre as 17.00 e as 21.00 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo hasta outubre de 2013. O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa produce esta mostra, que xa se exhibiu na Coruña, Barcelona, Córdoba e Almería.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova