Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O sistema de saneamento de Lugo é referencia en España


# Venres, 05/07/2013
O Concello colabora nun estudo do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para o que foron seleccionados dous tanques de tormenta do sistema de saneamento de Lugo



Vanse estudar os tanques de tormenta de Casás e do Sagrado Corazón xunto con outros tres de Madrid, Barcelona e Alacante

O Concello de Lugo colabora nun estudo que está a facer o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente sobre os tanques de tormenta no que se vai examinar o comportamento hidráulico e de xestión da contaminación en tempo de chuvia que realizan os depósitos de Casás e do Sagrado Corazón. 

A Subdirección Xeral de Infraestruturas e Tecnoloxía, dependente da Dirección Xeral da Auga do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, encargou un estudo no que se fará unha avaliación e seguemento dos tanques de tormenta e que se  completará coa redacción dun manual de recomendacións para o deseño destas infraestruturas.

Para a realización deste estudo foron seleccionados cinco tanques de tormenta situados en diferentes puntos de toda España. Dous deles están situados no sistema de saneamento da aglomeración de Lugo, concretamente en Casás e no Sagrado Corazón. 

Este sistema experimentou unha importante transformación nos últimos anos, ata chegar a convertirse nunha referencia en España como sistema unitario configurado para traballar en tempo de chuvia minimizando os impactos sobre o medio natural.

A localización xeográfica, o tipo de réxime de chuvias, que é representativo do noroeste de España, o coñecemento do sistema e a existencia de ferramentas de simulación numérica tanto do alcantarillado como do medio receptor levaron á comisión técnica do estudo a considerar que era de grande interese a selección de dous depósitos en Lugo, con diferentes configuracións, para a realización deste traballo, que tamén estudará outros tanques de tormenta situados en Madrid, Barcelona e Alacante.

Co estudo que o Ministerio encargou á empresa Agualogy-Aquambiente Servicios Integrales, que conta coa colaboración de CLABSA e o Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña, preténdese aumentar o coñecemento sobre o deseño, configuración, explotación e rendementos anticontaminación dos tanques de tormenta, co fin de elaborar un manual de deseño e unhas directrices para o establecemento de obxectivos de verquido destas infraestruturas. 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova